Cambiamos as etiquetas dos nomes por outras que levan os dous apelidos e comezamos a traballar cos lápices novos.
Na biblioteca, temos un novo xogo ,debemos contar cantas cousas hai en cada sector do círculo , buscar o número na pinza e poñela.
Con este xogo, ademáis de traballar conceptos numéricos ,traballamos a motricidade fina .

Xogamos a ordenar as sílabas locas ( sílabas dunha palabra que están desordenadas) Primeiro fixémolo no encerado todos xuntos e despois na ficha.
Comezamos o cadernillo da primavera e na plástica decoramos unha flor.



E celebramos o cumpreanos de Aimi, que nos convidou a biscoito e a chuches ( como eran moitas irémolas repartindo pouco a pouco).Moitas felicidades e graciñas polo riquisimo biscoito.
AVISOS DA PROFE:
O día 15 deste mes ,imos celebrar un taller de reciclaxe, polo que é necesario que os nenos/as leven:
--- iogures ,rolos de papel e caixiña de queixiños BALEIROS.
Se podedes traer varios mellor ( XA QUE DE SEGURO A ALGÚN ESQUÉCESELLE , e sería unha pena que algún neno/a non poidese participar por non ter o material preciso).
GRACIAS, COMA SEMPRE POLA VOSA COLABORACIÓN
Bicos doces aquí e alá.
Encántame o voso xogo cas pinzas para contar !!!
ResponderEliminarbicos
Bibi.
Cando queiras pásocho ,biquiños .
ResponderEliminar