jueves, 28 de junio de 2012

¡¡¡¡¡¡ AVISO ¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Na lista de material que vos dín o día da reunión hai  erros
nos caderniños de matemáticas nº 4, 5, 6. Neles  aparece que o  ISBN comeza por 987, está MAL. O ISBN correcto  para os tres caderniños , é o que comeza por 978.
Perdoade os molestias e felices vacacións.

domingo, 24 de junio de 2012

VAIA SEMANIÑA.

Chegaron as vacacións, polo menos para nós, os alumnos,  e  témolas ben merecidas xa que a profe fíxonos traballar moito e duro ó longo do curso eeee ainda que dí que somos moi bulideiros ,no fondo está moi contenta con nós.
Nesta semana:- practicamos coas tesouras, - fixemos as bolsas con papel continuo (para meter a foto que nos regalou a profe) ,decoramos o marco con gomets, e puxemos o noso mone, - fomos visitar os baños que usaremos o vindeiro curso e tamén a nosa futura clase,- E tivemos unha visita moi especial  DARÍO ( O IRMÁN DE  IVÁN ) e a súa MAMI,  e o venres ,remate das clases, falando  do San Xoán, facendo fotos (sen mandilón) e con merenda compartida.
QUEREDES VERNOS EN ACCIÓN, pois..... a poñerse cómodos.



FELICES VACACIÓNS. VÉMONOS O VINDEIRO CURSO, COAS MESMAS GAÑAS DE APRENDER COUSAS NOVAS E PASALO BEN. BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ

lunes, 18 de junio de 2012

RICAS GALLETAS.

Hoxe pola mañá , cando entramos na aula estaba cambiada. As sillas nun lado e as mesas no medio. Sabedes por qué? Iamos ser reposteiros , sí sí,  facendo galletas de almendra. 
- Pesamos  os ingredientes e engadímolos  ó bol.
- Remexemos todo cunha culler de madeira .
- Forramos as bandexas do forno con papel albal .
- E puxémonos a darlle forma ás galletas con dúas culleres pequenas.
- E despois ó forno.
Unha vez listas, probámolas , convidamos ás profes e todos nos felicitaron , porque seica estaban boisimas.


sábado, 16 de junio de 2012

AVISOS

Nota. 
Recordade a reunión do luns día 18, ás 17 horas na aula dos vosos fillos.

A PIQUES DE REMATAR.

Así é, xa queda pouco para rematar o curso. Lonxe quedan as bágoas dos primeiros días dos pequech@s e as dúbidas e inquedanzas das familias ( alomenos eso espero). Neste percorrido compartimos momentos inesquecibles, o primeiro debuxo,  caida,  empuxón, o recoñecemento de letras e números,  do nome por primeira vez, e como esquecernos da primeira  vez que conseguimos escribilo eeeee..... que se entendera., dos cumpres  e das visitas dalgunhas familias. O dito momentos para gardar.
Nesta semana estivemos rematando esas  cousas que  faltaban, facendo a bolsa para levar o cadro de MIRÓ, as portadas e ainda tivemos tempo para xogar ,poñernos en forma, facer pan e xogar na pizarra. 


miércoles, 13 de junio de 2012

COAS MANS NA MASA.

Hoxe, o profe XOÁN e os seus alumnos fixeron  pan,  e foron  tan amables que nos convidaron a participar nesta divertida actividade. O profe encargouse de mesturar  e amasar os ingredientes (coa axuda da profe LUZ), despois deixámolo levedar. EEEEEEEEEEE...... sorpresa a volta do recreo a masa medrara un montón e puxémonos a darlle forma para metela no forno. ( Quizais un día fagamos nós de reposteiros. Admítense suxerencias de receitas fáciles de elaborar).
E AGORA.....
Queredes vernos coas mans na masa????





sábado, 9 de junio de 2012

COMO NOS FOI A SEMANA ?????.

Pois moi ben , tivemos contacontos, practicamos  o corte coas tesouras, pintamos con pinceis de maiores, seguimos facendo o cadernillo do mar, falamos de coidar e de ter limpo  o medio ambiente (empezando pola nosa aula). EEEEE   celebramos o cumpreanos de LUCAS , que nos convidou a un rico biscoito.  Sen esquecernos dos ensaios  do LOBO FEROZ.
Poñédevos cómodos que comeza a sesión de videso e tomas falsas.









ENSAIOS QUE¡¡¡¡¡ IMOS OU NON, MELLORANDO????

sábado, 2 de junio de 2012

SOMOS DE PRIMEIRA.

E para celebralo, fixemos un pequeno traballiño sobre o Deportivo. Escribimos as letras, contámolas, pintamos os balóns  facendo unha serie coas cores do equipo e para rematar pegámola nunha cortolina e.... para casa.
Ademáis.......- buscamos tesouros,- troquelamos e pegamos os números 1-2-3 ,- seguimos o ritmo coa profe Luz, - celebramos o cumpre de Carla Beiras ,cun rico biscoito e paraugas de chocolate e engalanamos o corredor coas nosas creacións do FONDO MARIÑO.
Imos ver todo.

GRACIÑAS , pola vosa participación na realización dos traballiños do fondo mariño. A experiencia resultou moi positiva, de seguro, que a repetiremos