viernes, 30 de noviembre de 2012

MACEDONIA DE OUtONO.

Ese foi o noso remate da semana , facer e degustar ( uns máis e outros menos ) a macedonia de outono. Vimos os ingredientes , dixemos os seus nomes, mesturámolos, e a probar.

Pero a semana deu para moito máis:
- Celebramos os cumpres de DANIEL  e ROBERtO, que trouxeron unha larpeira e unha tarta ben ricas.GRACIAS.


- Seguimos a traballar no cadernillo da MOSCA CHOSCA, recortando , picando , facendo puzles, e cruzadas como os maiores ( ainda que con algunha axuda).


- Conecemos a flor MARIBEL que canta lelelelelel e a letra e.
- Rematamos dúas obras de Seoane , que xa adornan o noso corredor.
- Fomos ao CGAI  a ver uns contos moi chulis.
- E algúns xa comezamos a facer a postal de NADAL.
Levamos para casa o cadernillo da escola, unha postal para decorar en familia  e ademáis un de nós leva  o  xogo da mosca chosca , que consiste en xuntar o nome do animal co debuxo .O resto , iremolo levando en vindeiros días.
Como xa é habitual unhas fotiños.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

domingo, 25 de noviembre de 2012

MARCHANDO, VINtECINCO 4 DE CHOCOLAtE

 O venres, cando chegamos á clase tiñámola algo revolta ( seica foi o duende PIRILAMPO),  íamos ter taller  de cociña e a receita era : 4 de chocolate.
-1º fixemos as  etiquetas cos nosos nomes.
- Despois partimos o chocolate , engadímoslle o leite , remexemos e ao microondas
- Mentras se derretía o chocolate, abrimos o sobao, a profe partiuno en tres anacos e  montamos o nº 4.
- Para que non se moveran  os anacos ,unímolos con palillos.
- Cando se derreteu  o chocolate , pintamos o nº cun pincel,  e usamos unha pintura ben  rica ......chocolate. 
-Puxémoslle a nosa etiqueta      eeeeee   listo.
Para rematar ,escribimos a receita no encerado e  despois nun  folio (  para facer o noso libro de receitas)

  QUEDÁRONNOS BEN CHULIS

E agora, sesión de cociña .Pasiño a pasiño.




viernes, 23 de noviembre de 2012

SEMANA DE CELEBRACIÓNS.


Vaia semaniña, celebramos o cumpreanos de SABELA que nos convidou a un riquísimo biscoito ,que fixo a súa avoa.  Moitas GRACIÑAS.




Celebramos o DÍA DO NENO,  facendo unha postal que preparou a profe SANDRA. 




 O mesmo  día visitounos a  DRAGONA RAMONA  que nos agasallou cun conto.





 E ademáis o mesmo  día ,a MAMÁ de CARLA 
Estraviz convidounos a unhas ricas magdalenas.Estaban boisimas. Millóns de GRACIAS.

QUE BEN CELEBRAMOS O DÍA DO NENO¡¡¡¡¡¡¡¡¡



 OLLO¡¡¡¡ non todo foron celebracións :        
- Comezamos o conto  A CASA DA MOSCA CHOSCA e o seu cadernillo.
- Fixemos a portada do cadernillo da escola  , recortando unha morea de figuras :triángulos, rectángulos..
Esta semana levamos os das matrículas ( foi o 1º que fixemos , e nótase  jejejeje), despois fixemos o da escola que o levaremos a vindeira semana, despois o  de COCORICO e o do Gato Guille (que xa están mellor)
- Estamos a piques de rematar o do OUtONO.
- Pintamos unha lámina de cor laranxa ,para...... a saber
- Comezamos unha obra de LUIS SEOANE, A FIGURA  ROSA, ( amosarémola cando estea rematada, jejejejej)
- E hoxe como sabedes foi día de cociña , fixemos o nº 4  e despois escribimos a receita, pero esto, verémolo noutra entrada.

E AGORA UNHA MOREA DE  IMAXES.












sábado, 17 de noviembre de 2012

Esta semana como sabedes, fomos de excursión pero tamén fixemos cousiñas das nosas.
- Practicamos o corte coas tixeiras .
- Sabela troúxonos un gran mural  de Luis  Seoane, con fotos e cunha obra do artista  feita por ela e ademáis un cadernillo con moitos datos .
- Fixemos  a portada do conto  O Gato Guille , e tamén debuxamos cousas que nos dan medo.

- Xogamos a pensar que número vai antes e despois dun, que nos dí a profe.
-  Picamos un boneco de neve , que...... non sabemos para que será.
 E ainda que con  dous días de retraso, celebramos o cumpre  de MARÍA  que xa ten 4 anos .Convidounos a biscoito e a  sugus.  GRACIAS.


 FELICIDADES.


E agora sesión de video.










                         

martes, 13 de noviembre de 2012

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA.

Ainda que hoxe é martes e 13, fixemos a nosa primeira saída e non pasou nada , así que...... fora meigallos. Como xa sabedes , fomos ao Corte Inglés do Marineda, convidáronnos a chocolate con churros e despoiiiiiis   fomos ver a  exposición  de Dora a Exploradora , a súa casa , os  seus compis de aventuras. Debuxamos , pintamos , escribimos nunhas árbores xigantes  e pasámolo guayyyyyyyyyyyyyy. Pero o mellor ,é que o vexades , como fomos no autobús, nun gran ascensor, como nos puxemos cos churros e como disfrutamos.
Moitas gracias ao persoal do Corte Inglés pola súa amabilidade e a súa invitación.


viernes, 9 de noviembre de 2012

Esta semana foi completa e deunos tempo para facer moitas cousiñas e rematar outras ,que tiñamos pendentes.
- Fixemos a portada do conto COCORICO, recortando círculos e triángulos cos que fixemos ó Gato pelado e a Cocorico, puxémoslle patas , picos orellas e ata rabo , e quedounos ben chuli.  Xa  veredes.
- Coñecemos a flor Mª Paz ,  repasamos e pintamos  a vogal    a .
- Seguimos coñecendo máis cousas de Luis Seoane , e a nosa compi NEREA troúxonos unha caixa forrada con láminas de Seoane e unha morea de fotos da Fundación Luis Seoane  e dos seus cadros.(Moitas gracias ,con familias tan colaboradoras é  doado traballar).
- O Samain xa rematou , pero nós seguimos a traballar co conto do Gato Guille e os seus medos
- Rematamos  un cadro do Outono  pegando follas , votándolle alkil e purpurina e non vexades como brillaban.
_  E   ainda tivemos tempo para xogar a PDI  coas vogais.

Como vedes, seguimos moi aplicadiños  e agora  a supoñemos que queredes vernos en ACCIÓN ,pois  imos alá.




COCORICO - foto montaje


AVISOS:
- Esta fin de semana temos Museos de portas abertas.
- Mañá sábado é a presentación do disco de Pirimpalo, no centro Cívico dos Mallos.

domingo, 4 de noviembre de 2012

SAMAIN - MAGOStO.

O mércores (como xa sabedes) celebramos o samain e o magosto. Foi un día un pouco axitado e estábamos algo nerviosos polas celebracións , pero  sairon xenial e  pasámolo  chupi- guay.
Ademáis ao longo desta semana que foi curta, tamén decoramos o corredor, fixemos  fantasmas, practicamos o noso nome e  apelido, seguimos a levar cousiñas de Luis Seoane e  algúns de nós levamos cabazas, pero o mellor de todo foi ooooo castañomatón , no que nos fixemos fotos cos nosos colegas de catro anos B.

Poñédevos cómodos que vos imos amosar un pouco de todo e antes unhas fotos.




                                                   






BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.