domingo, 29 de enero de 2012

COUSIÑAS DE CLASE.

Nesta semana ademáis de facer as rutinas de sempre fixemos novas cousiñas:
- Na asamblea a profre foi amosando as etiquetas cos nosos nomes e o encargado( con axuda) recoñecía o nome e dáballo a quen lle corresponda.
- Xogamos aos dados( contamos o nº de puntiños que tiña a cara que saía e despois buscamos o nº que lle correspondía).
- Traballamos a PAZ, pintando o paraugas, troquelando e despois pegando as pombas no paraugas e poñendo cada un o seu nome e colgámolo no mural da entrada.
- Fixemos as palabras MESA e FOTO.
- Seguimos enchendo a ventana de Miró , con cousas que fomos levando.
- Subimos a pizarra dixital a xogar con Miró e coa Ratiña Lola.
- Fixemos un boneco de neve que adorna o pasillo de infantil.
- Seguimos facendo cadernillo do colexio.

E AGORA COMO SEMPRE FOTOS.

lunes, 23 de enero de 2012

FELICIDADES JAVIER.

Hoxe os nenos e nenas de 3 anos A estivemos de festa.O noso compañeiro Javier cumpriu 4 aniños e quixo celebralo con nós.Trouxonos unha tarta que estaba boisima e ademáis axudou a facela e a decorala.Tamén nos trouxo uns chupas e uns bombóns para as profes que lle dan clase..Moitas gracias.

sábado, 21 de enero de 2012

COÑECENDO A MIRÓ.

Como xa sabedes estamos coñecendo cousas de Miró.
Esta semana a profe troúxonos varias láminas del, miramos o título, as cores que tiñan e as formas que aparecían en cada unha delas. Despois, votamos cales nos gustaban máis (para facelas nunha caixa,) fomos poñendo paliños debaixo de cada unha delas, contamos cantos tiña cada unha e puxemos o nº, a que máis votos tivo foi A Bailarina.
Ademáis algúns compañeiros xa comezaron a traer cousiñas de Miró:
- Obi, troúxonos un libro, Martiño un cadro dunha lámina de Miró e Iván un conto para nenos sobre a vida deste autor.
E comezamos a decorar a NOSA caixa de Miró.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

AlGO DO QUE FIXEMOS DURANTE A SEMANA.

- No recanto da plástica decoramos a Folerpa , a moneca de neve.
- No da biblioteca comezamos un novo cadernillo sobre o colexio.
- Traballamos a cor vermella e a amarela e con esta cor fixemos o noso nome.
- Estivemos pintando un patiño , que se parece ao nº 2, (ainda está sen rematar).
- Xogamos cos pinchos e coa flor numérica, que consiste en contar cantos puntiños hai nos pétalos da flor e pegalos no nº que corresponda.
- E formamos as palabras: dedo e sapo, na actividade a palabra do día ( só faremos dúas por semana).
Abride os ollos que vai o noso traballo.

martes, 17 de enero de 2012

PALABRA DO DÍA.

O luns comezamos unha nova actividade a PALABRA DO DÍA.Consiste en:
- cada día escollemos dunha caixa , unha palabra, decimos cales son as súas letras, cantas son , cal é a primeira e a última (o mesmo que facemos todos os días co nome do encargado),
- despois, temos que buscar cada unha desas letras e pegalas nunha folla e despois tentar de escribilas nós, e por último poñer o noso nome.
- A palabra do luns foi SAPO.
Queredes ver como se nos deu onte?


BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

sábado, 14 de enero de 2012

AVISOS IMPORTANTES.

1- Parece ser que algúns reis tiveron problemas para atopar o conto que tiñan que deixar baixo a árbore. Pois non pasa nada, imos agardar o mes de xaneiro por se se atopa, de non ser así ,a aqueles que non trouxeron o conto dareilles un novo título .
- A mamá de Inés, comunicoume que na LIBRERÍA SISARGAS, c/ Curros Enriquez, 9 ,
Tf: 981200082, teñen bastantes libros da editorial OCO. Podedes chamar e preguntar.

2- Neste trimestre hai unha lámina de Joan Miró no método. Imos aproveitar a ocasión para falar e traballar un pouquiño sobre este artista e, para eso preciso da colaboración das familias: aportando información ,láminas ou debuxos sobre él. É importante que o neno/a axude na búsqueda de datos.
Non serve imprimir unha morea de follas de internet e , que o neno/a non entenda nada.
Precisamos datos sinxelos, onde naceu, cando, alguhna lámina impresa co título....
Non hai presa por traer a información ,temos todo o mes de xaneiro.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

viernes, 13 de enero de 2012

A VOLTA DE VACACIÓNS.

Para algúns, foi máis dura que para outros , que voltamos frescos e lozanos e con gañas de seguir facendo cousiñas. Algunhas das que fixemos foron.
- Os encargados as súas tarefas , Javier, María, Roberto, Merche e Ainhoa.
- Segimos a traballar na biblioteca o noso nome, na plástica troquelando o nº 2( que xa o empezamos a traballar).
- Fixemos colares e un cadro cos adornos de nadal que tiñamos na clase.
- Xogamos coas letras da nova estación , traballamos os conceptos grande-pequeno con imaxes , xogamos a adiviñar que era o que a profe nos poñía na man cos ollos tapados eeee seguimos a voltas co conto do POLLO PEPE.
Como vedes comezamos con ganas.
Abride os ollos que van as fotos


BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

CUMPREANOS DE CARLA ESTRAVIZ.


UNHA CHICA GRANDE QUE XA CUMPRIU 4 ANIÑOS.FELICIDADES.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

AGASALLOS NA AULA.

O que oides¡ o luns cando regresamos ao cole despois das vacacións de Nadal , os Reis deixárannos tres paquetes, un de cada Rei.O que había nos paquetes era:
- unha caisiña coas etiquetas cos nosos nomes (que listos que son os reis ,sabían os nosos nomes)
- tamén nos deixaron un xogo de cuños, coas letras en maiúsculas e unha caixa de perforadores con diferentes formas (un golfiño, unha flor, unha palmeira, un globo...) que a profe dixo que poñería nas fichas.