sábado, 18 de febrero de 2017

COMEZAMOS CO ENTROIDO....

Nesta semana,  comezamos novos proxectos.

- Xogamos cos alimentos, clasificándoos en alimentos de orixe vexetal e animal.

- Comezamos a traballar no noso disfraz.











- Coñecemos o conto de Marcelo o Morcego.

- E seguimos a traballar cos amigos dos números, desta vez no patio.


 
-E xa temos todo preparado para a apertura do noso super.





BICOS DOCES AQUÍ, ALÁ E ACOLÁ.

viernes, 10 de febrero de 2017

O QUE ANDAMOS A FACER NESTES DÍAS.

- Celebramos o día da PAZ. Forramos as caixas que trouxemos de casa, escribimos nelas palabras que no nos gustan  e coas mesmas, fixemos un muro que derrubamos. Cantamos, bailamos e fixemos a palabra PAZ.












- Seguimos aprendendo xogando.





- Fomos de excursión ao Palacio da Ópera.



- Fixemos as etiquetas dos prezos e produtos que imos ter no noso super.




- Comezamos a facer o libro , Quen está na foto?.


- Tamén comezamos a traballar nos nosos difraces.
 
O encargado ten novas función. 
-.
Buscar os amigos dun número dado.

Escribir o acróstico do seu nome.
 
 

- E por último e o mellor, durante un par de días tivemos novos amigos na clase.
A nosa compi Noa, trouxonos durante uns días, dous coelliños para telos na clase. Vimos como eran e o que comían e damos por verdade que lles gustan e moito as cenorias.
TOBI E TONO.