domingo, 27 de enero de 2013

DISFRUtAMOS DO INVERNO.

Menuda semana  que pasamos, frio, auga , granizo...... pero nós ,seguimos traballando:
                      - decoramos unha mandala do inverno,



- pintamos e  troquelamos 



decoramos  bonecos  para o noso mural



celebramos o cumpreanos de Javi


fixemos unha pomba da paz



seguimos  traballando con Seoane e o seu Gaiteiro,  e o profe   Vicente amosounos unha gaita e un gaiteiro  de verdade







Ademáis, o venres levamos unha nota informándoos  da mochila viaxeira, as familias só tedes que facer  (é voluntario) unha historia ,conto ,debuxo  relacionado con outra cultura ou país e responder o formulario, e xogar cos recortables. No cole iremos facendo os bits, os contos e as actividades.Se tedes algunha dúbida ,preguntade.

E agora unha morea  de fotos.





martes, 22 de enero de 2013

SEOANE.

Como xa sabedes ,levamos un tempo traballando sobre  LUIS  SEOANE ,sabendo cousas da súa vida e sobre todo coñecendo as súas obras, algunhas das cales, estámolas a reproducir o noso xeito.
E como de seguro que queredes velas , pois adiante.......


sábado, 19 de enero de 2013

Unha nova amiga.

 Outra semana que remata e na que ademáis de  coñecer unha nova amiga , Isa a iguana ,


fixemos: - no recanto da plástica un puzle cun boneco de neve, 

- xogamos na PDI,



-  rematamos o cadernillo do conto de Martiño ,



 - seguimos a traballar no do inverno e fixemos réplicas dalgunhas obras de SEOANE.


- Ademáis no recanto da biblioteca temos un  novo xogo de vogais ,hai cinco paneis un para cada vogal e unha morea de tarxetas que temos que colocar en cada panel según a vogal pola que empeza ( cóstanos un pouco xogar con él , pero xa iremos collendo práctica) .


Moitas gracias a Nerea e a súa familia polo agasallo que nos trouxeron das súas vacacións, xa está facendo as súas funcións na mesa da profe.
E agora ,sesión de cine, cómodos e a .....





Bicos doces aquí e alá.

viernes, 11 de enero de 2013

ALGO DUROS OS COMEZOS.

 Os comezos  e a volta a rutina son  un pouco duros, pero nós  ímoslle poñer moitas ganas.Para comezar , tedes que saber que os Reis deixaron na nosa clase uns agasallos ,  uns cuños .


.
Cando o traballo estea moi moi moi ben feito a profe vainos poñer o cuño que elixamos na ficha. Así que xa sabedes, se vedes que algún traballo leva un cuño e que o fixemos requetebeeeeeeeeeeeeeeeeeen.






Outra novidade, é que o encargado, ao remate da clase tennos que contar o que fixemos e facer un exame, sí sí  ,un exame ,ten que escribir no encerado o que lle diga a profe , e ata agora todos estamos aprobados e...... con nota.




Comezamos varios traballos , un cadernillo do inverno, o libro das letras e o conto ,Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis.








E para remate da semana celebramos o cumpre de Carla Estraviz que nos convidou a unha riquísima larpeira. Moitas gracias e moitas felicidades.







AVISO.
Na marxe dereita do blog, aparece un epígrafe , Enlaces Interesantes.Se picades nel , atoparedes xogos, letras e números para xogar e practicar . E tamén lle podedes dar de comer a nosa mascota.

BICOS.