viernes, 22 de marzo de 2013

VACACIÓNS DE PASCUA.

Por fin chegaron as merecidas vacacións  (para todos). Despois de traballar todo un trimestre facendo cadernillos, libros, contos, cadros,coñecendo novas letras, pois..... témolas ben merecidas.
 OU   NON   ¡¡¡¡¡.

 E vaia semaniña tivemos:

1. Rematamos o coelliño de Pascua.


2. Fixemos a portada do conto Unha Parella Diferente.




3. Recortamos e pegamos as partes da cara.


4. Para celebrar a chegada da primavera fixemos unhas bolboretas (con lá, boliñas de papel e purpurina)
e un cadro sobre a estación.E ambos ,engalanan o noso corredor.


                                                 



                                 


5. E o mellor de todo foi  que hoxe tivemos unha clase moi especial, cunha profe moi especial ,a profe Cristina ( nai de Sabela).Coa que xogamos a montar o puzle  dun esqueleto ( e tiña un montón de pezas,  mellor dito de ósos).Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial .



Moitisimas gracias  Cristina, por adicarnos o teu tempo e amosarnos o teu saber.


E tiñamos unha sorpresa.....








6. Despois debuxamos un esqueleto.



7.E para pechar a semana visitounos un futuro alumno moi moi pequerrechin, Hugo o irmán de Carla Estraviz.

E agora sesión de video:



FELICES VACACIÓNS E BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario