viernes, 22 de febrero de 2013

Que fixemos nesta semana????

Pois como é habitual en nós, unha morea de cousas que vos imos contar de seguido :
- Decoramos unha carpeta, para levar nela as obras de arte que traballamos.

- Fixemos a portada do inverno.

- Comezamos un novo cadernillo do conto "Unha parella diferente" (podedes preguntarlles sobre él).


-  Recollemos  os materiais que LEVAMOS, sobre o corpo e comezamos a traballar sobre él.


- Estamos a decorar o corredor con cometas  que teñen letras, tiñamos que levar ó cole , palabras que empezaran pola vogal do noso equipo, PERO....  a profe non nos deu nota e moitos de nós, non fixemos os deberes. Esta actividade ímola facer na clase, para o que precisamos  levar revistas, catálogos ,etc, para buscar e despois recotar as palabras e pegalas na cometa.


- E fomos de excursión á Fundación Barrié de la Maza e pasámolo xenial.



E agora  a poñerse cómodos ,coller palomitas e .......sesión de fotos.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

domingo, 10 de febrero de 2013

Comida e baile no entroido.

Imos ver uns videos nos que aparecemos poñéndonos as botas, cos produtos típicos do entroido, aportados polas familias.
Moitas graciñas pola vosa colaboración.


Música e acción.

Queredes ver, que ben o pasamos co profe Vicente na clase de música.
Que ben o facemos, verdade????????




Que ben o facemos, verdade????????eeeeeee


Como disfrutamos .

Semana de Entroido.

Ademáis de decorar caretas e celebrar o entroido con disfraces, bailes e merendola , nesta semana fixemos outras cousas:


- Coñecemos a Uma  a urraca  e a Paula a pomba.





- Xogamos a sumar ,poñendo nas ás dunha bolboreta os gomets que mandan e despois  contalos.




- Practicamos a lectoescritura na PDI.




- Rematamos co conto de Marcelo o morcego  (sabedes que era de cor verde.....,preguntade por qué? )


- Eliximos as caretas que queríamos facer , poñendo unha raia debaixo da que máis nos gustaba.Despois contamos as raias de cada unha, para saber cantas fotocopias tiña que facer a profe .




- Seguimos a traballar o inverno , desta vez buscamos nun mapa de Galicia  as zonas onde máis neva.




- E  como non,............ difrazámonos. Sabedes quen somos?????????






E agora unha morea de fotos.








Se a profe ten ganas nos vindeiros días vai subir videos. Estade atentos. BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

viernes, 1 de febrero de 2013

Os nosos traballos.

Queredes saber algo do que fixemos esta semana? POIS atentos:
- Estivemos a practicar o corte coas tixeiras,facendo a portada do conto de Martiño, 
- Fixemos un puzle coas partes do corpo dun neno, imos comezar un novo cadernillo sobre o corpo humano. Se tedes cousiñas que nos poidan axudar a coñecer mellor o corpo ,podédelas traer,
- Celebramos o día da Paz,
- E ainda que non temos imaxes, coñecemos unha nova amiga  La paloma Paula e p minúscula.
- temos un novo xogo  para aprender a sumar eseguimos facendo o Gaiteiro de Seoane.

E agora fotos....


Bicos doces aquí e alá.