viernes, 19 de abril de 2013

FLORES E MÁIS FLORES.

Coa chegada da calorciña chegaron  a nosa aula FLORES,  en forma de..... puzles, en plastilina, en rolos de papel convertidos en tulipáns. Mirade...

Na biblioteca fixemos un puzle de flores.


As flores de pastilina que fixéramos a pasada semana, rematámolas poñéndolles o talo e as follas (con pintura de dedo ) e agora engalanan o noso corredor.


Como sabedes o luns tivemos taller de reciclaxe , fixemos unhas maracas e uns paus de chuvia.



Como nos sobraron moitos rolos ,aproveitámolos para facer  tulipáns.



No recanto da plástica, picamos unhas pingas de choiva e puxémoslles papel charol.



E celebramos os cumpreanos de Jose Angel e de Iago.Moitisimas felicidades , xa sodes chicos MAIORES.


IAGO






JOSE ANGEL




E agora fotos, varias.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario