viernes, 30 de septiembre de 2011

A CASA A DESCANSAR.

E témolo ben merecido, xa que foi unha semana de duro traballo na que fixemos moitas cousas.
- Nada máis chegar colgamos a cazadora e a mochila.
- Seguimos coas rutinas na asamblea.Os nosos encargados desta semana foron NEREA, MARTIÑO,CARLA ESTRAVIZ, ANDREA E FABIÁN.O seu traballo consiste en:- mirar que nen@s están na casa e cales no cole e contalos,- buscar o seu nome no libro,- facer o calendario, mirando que día de semana é , que tempo fai e buscar no calendario o día que é , rodealo e despois repasalo nun calendario que temos no que os números están con puntiños,- escribimos o seu nome na pizarra con xiz e despois busca o seu nome nas tarxetas azuis para poñelo na pizarra das letras magnéticas.Como vedes o encargado fai unha morea de cousas.
- Pintamos con pintura de dedos unha pelota e tamén estampamos con esponxas a nube LOLa.
- Fixemos traballo individual na nosa mesa.
- O luns tivemos psicomotricidade no ximnasio dos maiores.
- No recanto da plástica troquelamos a PAPELOTE.
- Pintamos follas para o mural do outono.
- Rasgamos papeliños e metémolos nunha papeleira.
E OBI AMOSOUNOS A SÚA FAMILIA E O SITIO ONDE NACEU.

E agora toca fotos.......




NOTA:- OS LUNS TEMOS PSICOMOTRICIDADE.
- RECORDADE POÑER O NOME DO NEN@ NA TIRA DA ROUPA.
- TEÑEN QUE TRAER UN MANTELIÑO CO NOME PARA A MERENDA E UN VASO PARA BEBER.
Bicos doces para todos

martes, 27 de septiembre de 2011

CHEGOU O OUTONO.

O venres pasado comezou unha nova estación o OUTONO , e hoxe empezamos a falar dela.Escoitamos cancións que falan dela e ata bailamos.
Aqui vos deixo algunha das cancións que bailamos.




OUTRA MOI CHUI.




QUEREDES VER COMO LLE DAMOS AO BAILOTEO, MIRADE,MIRADE......












AUTÉNTICOS PROFESIONAIS.
BICOS DOCES.

lunes, 26 de septiembre de 2011


Como podedes ver, estamos facendo as rutinas da clase.
_ Tivemos encargados, OBI, SABELA, CARLA, DANIEL E AIMI ( noutra entrada explicaremos o que fan).
- Fixemos traballo individual e gardámolo na nosa bandexa.
- Xa merendamos no cole.
- Saímos ao patio e vimos os nosos irmáns.
- Coñecemos as nosas mascotas.
- Tomamos un descanso.
- E xa xogamos nos recantos.

NOTA :- A VINDEIRA SEMANA COMEZAREMOS COAS ENTREVISTTAS INDIVIDUAIS,(luns pola tarde ,mandaremos unha nota)
- RECORDADE QUE A ROUPA DO NEN@ TEN QUE VIR CUNHA TIRA PARA COLGALA ,
- E QUE TEÑEN QUE TRAER UN MANTELIÑO PARA A MERENDA.
BICOS DOCES.

viernes, 16 de septiembre de 2011

COMEZAMOS.

Hoxe comezamos o blog .
Nace coa intención de que sirva de comunicación entre á aula e as familias,e , para que vexades como os vos@s fill@s van medrando na escola e como van acadando eses logros, que, en educación infantil, só se ven a longo prazo.
Que pai ou nai non quixo mirar por un buratiño para ver o que facía o seu fill@? Este blog, quere ser ese buratiño.
Antes de seguir ímonos presentar, somos os nen@s de 3 anos A e nosa titora é Maite(e é un pouco mandona) , estamos no período de adaptación e a profe fíxonos unha morea de fotos , que seguro queredes ver.
Pero antes de seguir, a profe quere mandarlles un saúdo aos que foron SUS NIÑ@S do ceip Bergantiños de Carballo:
a mis 25 niños , deséxovos o mellor, que teñades moita sorte na nova etapa que comezades ,e as vosas familias ,só volverlles dar as GRACIAS por todo, moitos bicos.
Comeza unha nova andadura eeeeeeeeeeee que nos deparará...............


AINDA HAI MÁIS FOTOS




LEMBRADE QUE O LUNS O HORARIO É DE 9.30 Á 12.30 , TODOS XUNTOS.
PODEDES TRAER MERENDA .
HAI QUE TRAER O MANDILÓN.