viernes, 22 de marzo de 2013

VACACIÓNS DE PASCUA.

Por fin chegaron as merecidas vacacións  (para todos). Despois de traballar todo un trimestre facendo cadernillos, libros, contos, cadros,coñecendo novas letras, pois..... témolas ben merecidas.
 OU   NON   ¡¡¡¡¡.

 E vaia semaniña tivemos:

1. Rematamos o coelliño de Pascua.


2. Fixemos a portada do conto Unha Parella Diferente.




3. Recortamos e pegamos as partes da cara.


4. Para celebrar a chegada da primavera fixemos unhas bolboretas (con lá, boliñas de papel e purpurina)
e un cadro sobre a estación.E ambos ,engalanan o noso corredor.


                                                 



                                 


5. E o mellor de todo foi  que hoxe tivemos unha clase moi especial, cunha profe moi especial ,a profe Cristina ( nai de Sabela).Coa que xogamos a montar o puzle  dun esqueleto ( e tiña un montón de pezas,  mellor dito de ósos).Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial .



Moitisimas gracias  Cristina, por adicarnos o teu tempo e amosarnos o teu saber.


E tiñamos unha sorpresa.....








6. Despois debuxamos un esqueleto.



7.E para pechar a semana visitounos un futuro alumno moi moi pequerrechin, Hugo o irmán de Carla Estraviz.

E agora sesión de video:



FELICES VACACIÓNS E BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

sábado, 16 de marzo de 2013

COELLIÑOS DE PASCUA ( por duplicado)

Sí, sí , como oides  esta semana fixemos coelliños de Pascua , eeeeeeeeee   ademáis de dúas formas diferentes.

_ O primeiro, foi para facer a portada dos traballiños do segundo trimestre. Picamos o coello , as flores e pegamos todo   nunha cartolina , despois puxémoslle ollos ,boca e nariz con plastilina , pegamos a etiqueta co noso nome e para que quedase máis chuli a profe deulle alkil.






_  Estamos a facer outro con pasta de modelar ( ainda nos quedan algúns pasos para rematalo). Primeiro unha boliña e aplastámola coa man , despois puxemos  un vaso para darlle forma ,deixamos secar e pintamos ,colocamos orellas de papel picadas, ollos móviles e bigotes de lá e  para que brille  un pouco de laca e listo.




                                                                     
                                                      



Ademáis xogamos a buscar o latido do corazón ( como se fósemos médicos de verdade) e vimos ósos que nos trouxo SABELA.








Comezamos a traballar un novo conto UNHA PARELLA DIFERENtE . Investigamos canto poden medir  os protagonistas ,(unha xirafa e un cocodrilo) e tentamos de representar as medidas.







Levamos para casa as carpetas de arte ,coas obras que fixemos de Luis Seoane ( as carpetas hai que levalas de volta ao cole)




E agora a poñerse cómodos que hai sesión de video.






BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

viernes, 8 de marzo de 2013

Vaia concerto.

Sí hoxe ,para remate de semana tivemos concerto e menudo concerto. Pero imos comezar polo principio e contarvos algo do que fixemos esta semana.

- Coñecemos unha nova letra  , a noso amiga m minúscula.

                                                       



 Estivemos a debuxar o xardin das letras.


                                                         









Levamos cousas do corpo




Xogamos e escribimos na PDI ( gústanos máis que no folio jejejejej)










Pero o mellor de todo foi o concerto que nos ofreceu o grupo ARCOIRIS (membros da  Orquesta 
Sinfónica de  Galicia )
A título persoal , creo que nunca un euro estivo tan ben empleado.



                                                               


                                                          


                                                   




                                                      


                                                  

                                                    






Moitisimas gracias por facernos disfrutar (a grandes e pequenos ) da música.


Nota : hoxe os vosos fillos levaron as carpetas, con algúns dos traballos que fixemos .
-O dos  contos: Marcelo o morcego e Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis.
Espero que disfrutedes e valoredes o traballo deles, eu, así o fago e ainda que son moi faladores tamén teño que decirvos que son moi traballadores  e a proba, tédela  mirando os seus cadernillos.
A carpeta hai que levala o cole.
Bicos a todos.



viernes, 1 de marzo de 2013

HOXE COCIÑAMOS.

Así é,  hoxe por fin tocou taller de cociña, e fixemos tarta de queixo. Escribimos os ingredientes na pixarra e despois no folio e como estamos a traballar o gusto (no proxecto do corpo), algúns de nós, probamos os ingredientes o azucre , a fariña...



                                           


Ademáis picamos un esqueleto e a Marcelo o Morcego (para facer a portada do cadernillo)


                             

Pesámonos na báscula e despois anotamos o número.





E  agora, a poñerse cómodos  que hai  sesión de video





bICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.