sábado, 27 de abril de 2013

Andy Warhol.


A semana pasou entre bicos ,cumpres, e plantas.

Comezamos .......No que resta de trimestre imos traballar  e saber cousas dun  artista do POP ARt  ,Andy  Warhol. E comezamos coa obra  BESOS.



Celebramos o día do libro facendo uns marcapáxinas e xogando na PDI  co Quixote.


























Celebramos o cumpre de Ainhoa ,e convidounso a tarta e a chuches.


                              
E tamén celebramos o de Uxía que trouxo unha tarta cunha morea de ratiños e chuches.


                               


 Na clase, vimos unha plantiña de pemento,e FALAMOS  sobre  as súas partes, raices ,talo e follas.

                          


 E puxémonos a pensar .Nos medramos porque comemos. As plantas  tamen crecen , entón  tamén comen......... Profe que comen as plantas???  e como comen????. Despois de falar e falar ,e saber que  necesitan auga, sol e  terra.... decidimos facer un experimento,para ver se  é verdade que toman auga polas raíces.

-Puxemos margaridas  en  vasos con auga , a cada un deles engadímoslle  tinta de rotulador de diferente cor .


      


 A sorpresa xa comezou cando a auga comezou a poñerse da  cor da  tinta e....... o día seguinte as margaridas mudaron de cor, mirade que chulis quedaron.

                            

E como estamos na primavera e na época de plantar, pois fomos plantar coa clase do profe Xoán e da profe Iria. Plantamos tomates, leitugas e pimentos.


                                

Fixemos as portadas do conto La vaca que quería poner un huevo, e a do corpo.
                               



E AGORA SESIÓN DE VIDEO..




BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario