domingo, 26 de febrero de 2012

AVISOS.


1- A profe quere que sexamos pequenos agricultores e que plantemos na clase fabas. Para o que precisamos levar ao cole :
- un vaso de plástico transparente , como os da foto  e unha presa de fabas.

E ...... que nos sairá?
2- Hai nenos/as que ainda non levaron o velcro .

PEQUENA SEMANA.

Foi tan pequena a semana que ...., fixemos poucas cousiñas ( e ademáis a profe, o xoves non levou a cámara de fotos) tivemos de encargados a Nerea e Martiño, que para sorpresa da profe ,xa recoñecen os nomes dos compañeiros. Ademáis:
- Xogamos coa plastilina a facer churros e o nº 2.
- Tamén xogamos cos pinchos.
- Seguimos a traballar co conto do Zampón, desta vez tiñamos que unir nome-personaxe.
- E algunhas fichas.


domingo, 19 de febrero de 2012

SEMANA DE MOITAS EMOCIÓNS.

Ademáis de celebrar o entroido e facer a revisión médica, seguimos facendo cousiñas na clase; e supoñemos que queredes que vos contemos algunhas delas , pois imos aló:
 - No recanto da plástica fixemos o  nome con plastilina, no da biblioteca buscamos nomes que empezaran igual que o noso.
 - Na palabra do día fixemos as personaxes do conto O LOBO FEROZ.
 - Fixemos caroutas para o entroido. 
 - Como os números aparecen en todos os sitios, non só na clase, xogamos a buscalos nos catálogos que trouxo a profe, desta vez tocounos buscar o nº 1.
 - Relacionamos nº-cantidade. 
 - Tivemos un exame .
 - Practicamos a escritura.
 Como podedes ver a pesar do entroido a profe fainos traballar duramente. E agora sesión de cine....... 


sábado, 18 de febrero de 2012

CELEBRAMOS O ENTROIDO.

Sí, sí o venres celebramos o entroido no cole. Cada un de nós fomos disfrazados do que quixemos, había de todo: sevillanas, indios , vaqueiros, fadas, princesas, dráculas, spidermans, batman, brancaneves, pilotos de carreiras, gatitas minis, duendes . Ademáis tivemos xogos, baile, comida e desfile e como supoñemos que estades desexosos de vernos .... abride os ollos que van as fotos. Moitas gracias a todas as familias pola súa aportación de comida. BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ

viernes, 17 de febrero de 2012

VISITA MÉDICA.

O luns, non fixo falta que foramos ao médico, se tiñamos alguhna dor, xa que tivemos a sorte de que o doutor Miguel veunos visitar ao cole. Ademáis de explicarnos onde traballa, a súa indumentaria, amosounos o seu maletín e  as ferramentas coas que traballa. Pero o mellor de todo foi cando nós fixemos de médicos e xogamos a curar aos que estaban enfermiños . Xa veredes que guapos estabamos con bata e todo, e ollo da NOSA MEDIDA. Supoñemos que queredes ver FOTOS. As nosas graciñas ao DOUTOR MIGUEL por amosarnos o seu facer , pola súa paciencia con nós e polo maletín que nos trouxou como agasallo.

viernes, 10 de febrero de 2012

CÁNTOS SOMOS NA CLASE ?

POUQUIÑOS, pouquiños.
E ainda que a poesía do inverno dí: cando vai moito frío se me abrigo bastante non me arrefrío..
Moitos dos nosos compañeiros sí que se arrefriaron, xa que non viñeron ao cole esta semana,  e os que fomos, espelimos o frío correndo polo ximnasio e traballando.
- Fixemos o nº 2 con gomets, pintamos unha lámina con pintura de dedo, seguimos decorando o noso 2 ,en forma de pato.
- Comezamos o cadernillo de Miró, e buscamos nun mapa onde nacemos nós e onde nacerá él e vimos, que as dúas cidades están moi lonxe, tanto que non podíamos tocalas á vez. Seguimos a facer a súa caixa, desta vez fixemos a obra CABEZA DUN PAISANO CATALÁN.
- Xogamos a coñecer letras.
- Prácticamos o nº 1 na pizarra .
- Empezamos a traballar o conto O ZAMPÓN.( podedes preguntarlles a ver se saben quen é o Zampóm.
BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.


domingo, 5 de febrero de 2012

AVISOS IMPORTANTES: - A partires de hoxe luns día 6 de febreiro, comezará a viaxar polas casas dos nenos/as o libro “ BIOGRAFÍA VIAXEIRA” .Dende aquí quérovos dar as gracias polo voso traballo á hora de realizalo. Quedou xenial, espero que disfrutedes del, cos vosos/as fillos/as. - O velcro que os nenos/as trouxeron ao comezo de curso acabámolo. Preciso que volvan traer un metro de velcro de pegar (as dúas caras suave-áspera). - Nestes días de duro frio , os nenos/as traen cazadoras e plumíferos , que veñen sen a tira para colgalos e cólgano pola capucha, que se solta dos broches e remata no chan. POR FAVOR POÑÉDELLE AS TIRAS ás cazadoras.

viernes, 3 de febrero de 2012

SEMANA DE FRIO INVERNO.

Esta semana fixo moito, moito frio, e nós, os máis cativos fomos caendo enfermiños, como as follas das árbores en outono.Hoxe venres estivemos na clase soamente 12 nen@s. A pesar do frio , traballamos un pouquiño durante a semana: - O luns celebramos o día da PAZ. - No recanto da biblioteca xogamos a poñer o noso nome e o dos compañeiros nas pizarras pequenas, e no da plástica fixemos unha lámina de Miró. - Seguimos levando cousiñas deste autor e decorando a súa caixa. - Fixemos a portada del POLLO PEPE e rematamos o cadernillo do colexio. - Xogamos cos puzles, escribimos a palabra do día, esta semana foron PAPÁ e MAMÁ. - E os que fomos hoxe fixemos o nº 2 con plástilina. - E.... somos tan maiores que vos imos amosar o ben que merendamos....... FOTOS....