viernes, 21 de septiembre de 2012

MÁIS CUMPREANOS.

Nesta semana celebramos os cumpreanos de FABIÁN ( que nos trouxo un enorme biscoito , feito pola súa avoa Carme, desde aquí moitas GRAZAS), e tamén celebramos o de NEREA (que  tamén nos trouxo un riquisimo biscoito).Moitas graciñas os dous.
Pero non pensedes que todo é festa , porque ó longo da semana fixemos unha morea de cousas,
- fixemos os libriños para os que cumprían anos,
- repasamos os trazos dos números 1,2,3,
- picamos o número 4, e cousas do cole, para facer un caderniño da escola,
- os encargados  asumen as súas novas responsabilidades,
- xogamos coas matrículas dos nosos coches. A profe repartiunos  a cada un de nós unha tarxeta coa matrícula do noso coche, despois ela  amosábanos unha cartolina cunha matrícula e tíñamos que mirar se era a nosa.
Como vedes festa SÍ  pero traballo tamén.

Moitas felicidades os dous :








E AGORA   SESIÓN DE VIDEO.........



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ ( NO BERGAN....)

sábado, 15 de septiembre de 2012

AVISO.

RECORDADE QUE O LUNS 17 DE SE tEMBRO ÁS 17HORAS tEMOS A REUNIÓN DE COMEZO DE CURSO. (NA NOVA AULA E SEN NENOS)

XA VOLVEMOS .

Así é , xa estamos de volta,despois  das merecidas  vacacións. E.....  canta emoción o primeiro día de cole¡¡¡¡ Ver  de novo os compañeir@s, a profe, a nova clase, os novos xogos  e recantos, descubrir os paneis das paredes, as novas rutinas e normas  (que xa vos iremos contando) e como non, tamén as novas fichas.
Ademáis de falar e contar o que fixemos no verán, nestes días comezamos a traballar amodiño-amodiño
- puxémoslle o nome os sobres ,- escollemos ser a clase dos patos , despois dunha votación,- comezamos coas novas rutinas,  - ensaiamos unha canción co profe de música, - e celebramos o cumpre de INÉS , que nos  trouxo uns biscoitos moi ricos , así que moitiiiiisimas gracias por eles.









.