sábado, 27 de abril de 2013

Andy Warhol.


A semana pasou entre bicos ,cumpres, e plantas.

Comezamos .......No que resta de trimestre imos traballar  e saber cousas dun  artista do POP ARt  ,Andy  Warhol. E comezamos coa obra  BESOS.



Celebramos o día do libro facendo uns marcapáxinas e xogando na PDI  co Quixote.


























Celebramos o cumpre de Ainhoa ,e convidounso a tarta e a chuches.


                              
E tamén celebramos o de Uxía que trouxo unha tarta cunha morea de ratiños e chuches.


                               


 Na clase, vimos unha plantiña de pemento,e FALAMOS  sobre  as súas partes, raices ,talo e follas.

                          


 E puxémonos a pensar .Nos medramos porque comemos. As plantas  tamen crecen , entón  tamén comen......... Profe que comen as plantas???  e como comen????. Despois de falar e falar ,e saber que  necesitan auga, sol e  terra.... decidimos facer un experimento,para ver se  é verdade que toman auga polas raíces.

-Puxemos margaridas  en  vasos con auga , a cada un deles engadímoslle  tinta de rotulador de diferente cor .


      


 A sorpresa xa comezou cando a auga comezou a poñerse da  cor da  tinta e....... o día seguinte as margaridas mudaron de cor, mirade que chulis quedaron.

                            

E como estamos na primavera e na época de plantar, pois fomos plantar coa clase do profe Xoán e da profe Iria. Plantamos tomates, leitugas e pimentos.


                                

Fixemos as portadas do conto La vaca que quería poner un huevo, e a do corpo.
                               



E AGORA SESIÓN DE VIDEO..




BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

viernes, 19 de abril de 2013

FLORES E MÁIS FLORES.

Coa chegada da calorciña chegaron  a nosa aula FLORES,  en forma de..... puzles, en plastilina, en rolos de papel convertidos en tulipáns. Mirade...

Na biblioteca fixemos un puzle de flores.


As flores de pastilina que fixéramos a pasada semana, rematámolas poñéndolles o talo e as follas (con pintura de dedo ) e agora engalanan o noso corredor.


Como sabedes o luns tivemos taller de reciclaxe , fixemos unhas maracas e uns paus de chuvia.



Como nos sobraron moitos rolos ,aproveitámolos para facer  tulipáns.



No recanto da plástica, picamos unhas pingas de choiva e puxémoslles papel charol.



E celebramos os cumpreanos de Jose Angel e de Iago.Moitisimas felicidades , xa sodes chicos MAIORES.


IAGO






JOSE ANGEL




E agora fotos, varias.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

domingo, 14 de abril de 2013

CINCOS DE CHOCOLAtE.

O venres tivemos taller de cociña ,e a nosa receita foi facer o número 5 con sobaos,piña e cubertos de chocolate.
 que vos parecen??????


      Non deixamos nada.



Escribimos a receita.



Fixemos flores con plastilina no recanto da plástica.




Xogamos as vogais na biblioteca.



Seguimos a traballar o corpo, e desta vez tocounos saber cousas dos órganos que temos por dentro,recortalos e pegalos onde corresponda.



Xogamos na PDI.



O mércores tivemos  un contacontos A vaca Espreita e pintámola.





Como vedes danos tempo para todo.  Poñerse cómodos  que toca  ver fotos.




Bicos doces aquí e alá.

sábado, 6 de abril de 2013

NOVEDADES.

Comezamos un novo trimestre e con algunhas novidades.

Cambiamos as etiquetas dos nomes por outras que levan os dous apelidos e comezamos a traballar cos lápices novos.



Na biblioteca,  temos un  novo xogo ,debemos contar cantas cousas hai en cada sector do círculo , buscar o número na pinza e poñela.
 Con este xogo, ademáis de traballar conceptos numéricos ,traballamos a motricidade fina .

                                                          






                                                           


                                                      







                                              







Xogamos a ordenar as sílabas locas ( sílabas dunha palabra que están desordenadas) Primeiro fixémolo no encerado  todos xuntos e despois na ficha.


                                                     





Comezamos o cadernillo da primavera e na plástica decoramos unha flor.

















  Fichas que fixemos  do cadernillo da primavera.








E celebramos o cumpreanos de Aimi, que nos convidou a biscoito e a chuches ( como eran moitas irémolas repartindo pouco a pouco).Moitas felicidades e graciñas polo riquisimo biscoito.







AVISOS DA PROFE:

O día 15 deste mes ,imos celebrar un taller de reciclaxe, polo que é necesario que os nenos/as leven:
         --- iogures ,rolos de papel e caixiña de queixiños BALEIROS.

Se podedes traer varios mellor ( XA QUE DE SEGURO A ALGÚN ESQUÉCESELLE , e sería  unha pena que algún neno/a non poidese participar por non ter o material preciso).


GRACIAS, COMA SEMPRE POLA VOSA COLABORACIÓN

Bicos doces aquí e alá.