domingo, 30 de diciembre de 2012

VIDEOS

Ao longo do trimestre a profe gravounos varios videos , de refráns, poesías, adiviñas.... querédelos ver????????????.Pois abride ben os ollos e a pasar un bo momento.BICOS.


COUSAS DA SEMANA.


RESUMO - presentacion imagenes

O video que acabades de ver  é un resumo das cousas que fixemos ao longo da semana pasada, unha caixiña para meter as figuras feitas con pasta de modelar, o reno Rodolfo, visita dos REIS MAGOS, comilona coas cousas que trouxeron algúns nen@s....como eran pouquiñas a profe BIBI, CONVIDOUNOS coas que lle trouxeron os seus nen@s e para rematar pasamos polo fotocoll.
Gracias as familias que adicaron un anaquiño do seu tempo para facer as estrelas que adornan o noso corredor e as que me fixeron a min.GRACIAS E FEFICES FEStAS.VÉMONOS O VINDEIRO ANO.

UN MILLÓN DE BICOS  E OS MELLORES DEXESOS PARA A FAMILIA QUE DEIXEI NO BERGAN(  mis niños, mis mamis  y mis compis)

sábado, 22 de diciembre de 2012

Xa temos catro anos.

Por fin , xa temos todos catro anos. Esta semana Martiño  cumpriu 4 anos e convidounos a lacasitos e a un rico biscoito, e para facer as fotos foi na busca do seu irmán,máis non foi moi lonxe ..... a clase de enfrente.














Moitas felicidades os dous.

domingo, 16 de diciembre de 2012

POUCO A PUCO....

Os días van pasando ,o Nadal  e as vacacións achéganse  e nós ......andamos algo festeiros.
 Entre : - o  cumpreanos de SARA (que nos convidou a unha tarta  e a sugus),-  que andamos a facer cousas para adornar a clase e despois a nosa casa, - a portada do cadernillo da MOSCA CHOSCA.... pois andamos moi bulideiros.E  o VENRES  como xa sabedes tivemos taller de cociña, esta vez foi unha ÁRBORE DE NADAL; con plátanos fixemos as follas , cun sobao o tronco e decorámolo con chocolate e virutas.....PERO  hai un problema NON HAI FOtOS,( mil perdones ao descargar as fotos no ordenador non sei como fixen que as borrei, esas , as das postais e as de papá Noël, non sabedes a rabia que levei , sintooooooooooooooo).
Xogamos na PDI  e chegaron máis estrelas para engalanar o corredor.





BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

jueves, 6 de diciembre de 2012

O NADAL, ACHÉGASE A NOSA AULA.

Así é, pouco a pouco van chegando estas datas e nós estamos a engalanar a nosa aula e o corredor.
- Fixemos figuras coa pasta de modelar e a axuda da profe EVA, pintamos árbores de nadal e estamos a decorar o corredor coas estrelas que algúns de nós ,xa levamos.
- Ademáis, estes días falamos sobre a Constitución  e fixemos un pequeno cadernillo sobre ela  e decoramos un moneco .
- Levamos para casa unhas figuras de árbores e corazóns para poñelas nas árbores de casa.
- E ainda que con retraso, fixemos o libro do cumpre de Roberto e seguimos a traballar coa Mosca Chosca.
E agora algo de fotos.