viernes, 26 de octubre de 2012

UN PUZLE DE SEOANE

Chegado o venres toca , descanso de cole e contarvos algunhas das cousas que fixemos nesta semana:
- repaso de trazos do i , do  u ,  e  do  4, - buscar palabras nunha sopa de letras (coa  axuda da profe) , - pintar, recortar e montar puzles, - decorar  o corredor,-  pintar setas e votarlle alkil, - xogar na PDI e comezar con Luis Seoane.
Ainda que non é doado buscar material deste autor , hai  familias  que  moito  artellan (GRACIÑAS A tODAS  pola vosa colaboración)
Daniel  un mural con imaxes  , Sara e  Martiño  láminas, María e Lucas información , Aimi fixo unha lámina, Iván trouxo uns cadernillos para pintar e Ainhoa fixo un puzle cunha lámina (pintouna, recortouna , pegouna en cartón  eeeeee    puzle feito ) como traballou, gustounos un montón , e xa xogamos con él. Xogamos tamén , a poñerlle as etiquetas nunha lámina que fixo a profe do outono,  ela amósanos unha  tarxeta e con algo de axuda ,tentamos de ADIVIÑAR que pon e colocámola onde corresponda. 
E agora  xa sabedes o que toca SESIÓN DE VIDEO.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ

viernes, 19 de octubre de 2012

NOVOS AMIGOS.

Seguimos a traballar co outono nos diferentes recantos ,pintamos con rotulador , con plastidecor, con pintura de dedo e con palillos para facer as follas pequeniñas.
Coñecemos a flor Marichu  e a   COCORICO  e comezamos un cadernillo sobre él.
E hoxe fomos cociñeiros e fixemos un ourizo de chocolate.
COMO? Así de fácil:
- partimos o chocolate, engadímoslle leite e a derreter no microondas,
- despois cortamos  a pera pola metade ,  votámoslle o chocolate derretido por riba , puxémoslle as almendras e os lacasitos que facían de ollos e unha etiqueta co noso nome EEEEEE listo.
Sabedes? o chocolate estaba rico-rico e non deixamos nadiña , e senon ,xa veredes como nos puxemos e como disfrutamos.
Unha vez rematada a receita e despois do disfrute, A tRABALLAR, escribímola na caderno das nosas receitas de LLUVIA Y AZÚCAR.
Gracias a Isabel y Mª Carmen del Bergan que son  las creadoras de la receta.







Bicos doces aquí e alá.

sábado, 13 de octubre de 2012

XA GRAVAMOS.

O martes pola mañá , por fin gravamos o video para a canción de XOGO-XOGO, (quedounos xenial e a profe quere dar as GRACIAS  ás mamis que lle axudaron a recortar os debuxos) e  estamos á espera de que nos manden unha copia  para vernos.
Ademáis da gravación, nesta  semana: 
- comezamos a practicar o  xogo  do dominó  coa profe Luz, - rematamos  a folla do outono poñéndolle plastilina e a profe deixounos  votarlle o alkil e despois purpurina,- pintamos o tren do cole e buscamos as vogais na poesía,- seguimos a facer o cadernillo do outono e a traballar na PDI (cando funciona)- e vimos e tocamos unha mazorca de millo que trouxo Martiño.
Antes de ver a sesión de fotos hai  AVISOS DA PROFE .
Este  xoves os nen@s levaron unha morea de notas:
      - o luns comezamos as merendas saudables.
      - imos coñecer a Luis Seoane, polo que precisamos a vosa axuda na procura de información,
     - tamén levaron a folla para decorar a letra do abecedario e unha tira de cartolina para escribir unha palabra en maiúsculas que comece por esa letra.A continuación tedes  exemplos ,ánimo e votádelle imaxinación e GRACIAS  coma sempre pola vosa axuda.


Hai nen@s que ainda non trouxeran a carpeta, e levaron as notas metidas nuns
 plásticos POR FAVOR devolvédeos.
_ E se non hai novidades esta semana comezamos as  Recetas de LLUVIA Y AZÚCAR,  a primeira será o OURIZO DE CHOCOLAtE.
- Xa  que estamos no outono @s nen@s  poden traer cousas relacionados coa estación.







PARA O BERGAN

Como sei que moitos  ¨de mis niños y mamis¨ del Bergan me siguen a través del blog, aproveito este medio para mandaros un millón de besos y de gracias (sería imposible llamaros a todos) , por las llamadas, las cartas, las postales ( hay que ver lo bien que escriben) y sobre todo por seguir acordándoos de  mí.Yo también os quiero un montón .Lo dicho mil besos y un millón de gracias.

viernes, 5 de octubre de 2012

VIDEOS.

Na asamblea unha das cousas que facemos e memorizar poesías, refráns e trabalínguas.Supoñemos que queredes ver como o facemos.....

ENSAIOS E MÁIS ENSAIOS.

Preguntarédesvos  de que son os ensaios, pois do canción  que imos gravar a vindeira semana.
Ademáis dos ensaios , andamos a voltas co cadernillo da escola , coa flor Mariví, pintando follas e coa nova estación. Para coñecer algo máis  dela , vimos  cos compañeiros de 4 anos B  , na pizarra, cousas do outono. Xogando coas palabras que ían aparecendo , contábamos as letras , os golpes que tiñan, as vogais . Moitas das cousas que aparecían na pizarra , vímolas   de verdade, xa que a profe Sandra trouxo unha bandexa con follas, noces ,piñas, castañas e íamos decindo características delas, e para rematar formamos a palabra  OUtONO.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

martes, 2 de octubre de 2012

Con retraso , pero.... aquí estamos.

Que? xa pensábades que non estábamos pois erro, erro,erro.....Por   problemas loxísticos da profe, foi imposible facer a entrada antes , pero ...imos aló coas novas da semana.
- Xogamos coas letras da palabra    outono.
- No recanto da biblioteca fixemos o noso coche e puxémoslle a matrícula ( algúns non a levan posta , porque non a trouxeron , o curso pasado).
- Seguimos traballando no cadernillo da escola,  nunhas follas que tiñan números, puxemos os nomes dos compañeiros e despois xogamos con eles, a profe decía un número  e nós, tiñamos que buscar ese número e decir cal era o nome do compañeiro que o tiña , (unha forma diferente de traballar os nº e a lecto-escritura).
- Empezamos a traballar coa pizarra dixital.
- Pero o máis emocionante foi a chegada dun novo compañeiro a nosa clase ...
                 .    .O Pato  Renato.
 A  mascota da nosa clase,  que està  o tanto das cousas que facemos e  de como nos portamos .
 Poñedevos cómodos  que imos co vídeo.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.