sábado, 26 de mayo de 2012

OS NOSOS ENSAIOS.

QUEREDES  VER OS ENSAIOS?????


ENSAIOS PREVIOS.

Así é , ademáis de decorar peixes, rasgar papeis,  traballar a palabra SARDINA e a vogal I,  mirar de cando en vez o material que temos no recanto do fondo mariño, andamos a voltas cos ensaios   Do LOBO FEROZ. Xa case,  sabemos todos a nosa frase e temos feitos os debuxos dos personaxes, agora toca escoller os mellores e ensaiar     no decorado ( xa vos iremos amosando os nosos avances). 
E o venres celebramos o cumpreanos do noso compi OBI, que nos convidou a unha rica tarta, mirade se estaba boa que..... non quedaron nin as migas.
E con tanta calor protexémonos con visera e gafas de sol, as cales nos amosan o mundo de cores.



jueves, 17 de mayo de 2012

VIVAMOS O GALEGO.

Hoxe estamos de festa, celebramos o Día Das Letras Galegas . Nós, os pequechos de 3 anos A, levamos varios días traballando cousiñas das nosas como sempre, e valorando  e dándolle importancia o NOSO.
- Seguimos facendo o decorado.
- Xogamos coas letras a poñer palabras, fixemos as vogais con plastilina.
- Celebramos o cumple de Jose Angel.
- E como sabedes levamos  O GALOPIN  para casa , pero antes xogamos coa revista. Buscamos o título , dixemos as súas letras, contámolas, dixemos as vogais que ten , traballamos a portada e a contraportada decindo e buscando cousas. E  despois  buscamos os nosos traballiños na revista.
- E finalmente fomos de festa coas Letras Galegas.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ. OS QUE IDES DE MINIVACACIÓNS A PASALO BEN.

sábado, 12 de mayo de 2012

VAIA CALOR.

Parece que vai chegando o verán, e cando  saímos ao patio suamos como carneiros . A  profe recomendounos  levar roupa lixeira , gorra eeeee...... poñernos a sombra.
Pero con calor e todo,  nós seguimos a traballar:
- Decoramos un xirasol, pintamos con pintura de dedo.
- Os encargados fan as súas  rutinas.
- Seguimos co fondo mariño, traballamos  a letra  E e falamos sobre o 17 de maio, día Das Letras Galegas.
- Ah¡¡¡¡¡ e sen esquecer os ensaios do LOBO FEROZ e o mural.



domingo, 6 de mayo de 2012

FELICIDADES MAMIS.

Moitas felicidades a todas as mamis (en especial a las de mis niños de aquí e de alá) neste día, ainda que mamá somos os 365 días do anos.O dito, moitas felicidades e que pasedes un bo día.
Esta semana foi un pouco curta, pero deunos tempo para facer cousas.
- Xa rematamos o cadernillo do Lobo Feroz, e estamos a facer un mural  sobre o conto coa axuda da profe Pilar. Imos facer unha pequena obriña sobre o conto, memorizando cada un de nós unha frase....a ver como queda.
- Comezamos un novo cadernillo sobre as vogais, esta semana tocoulle á A, e tamén a fixemos en plastilina.
- Estamos feitos uns artistas, xa veredes que baleas debuxamos.
- E na clase,  temos un novo xogo de identificación de vogais e consonantes, e algúns xa nos tocouo xogar con él.

                       SOMOS OU NON SOMOS ARtIStAS ??????


jueves, 3 de mayo de 2012

CIENCIA NA RÚA.

AVISO....
Con motivo da celebración da CIENCIA NA RÚA, o sábado a entrada aos museos científicos da Coruña é gratuita. Un bo día para visitar o AQUARIUM    e ver cousas do fondo mariño e despois contalas no cole.