domingo, 25 de diciembre de 2011

IMOS DE VACACIÓNS.

Despois dun longo trimestre, no que ademáis de coñecer novos compañeiros, novos profes e novos espacios, tamén aprendemos a recoñecer e a traballar o noso nome, a facer libriños de hábitos , de froitos do outono e unha morea da manualidades ( seta, pantasma,papá noël,bota, campá...).Ademáis festexamos cumpreanos dos compañeiros.
Esta semana fixemos a carta para os Reis, un gorro de inverno, traballamos as letras de MAMÁ, co conto del pollo Pepe.
E para rematar, o mércores viñeron ao cole os Reis Magos, e déronnos un agasallo e despois tivemos festa.
FOTOS...

sábado, 24 de diciembre de 2011

NOTA PARA PAPÁ NOËL E PARA OS REIS MAGOS.

Según me notificaron , tanto Papá Noël como os Reis Magos (jajajajajajaj) , estalles resultando difícil atopar algúns dos libros da lista que vos dín. Antes de nada ,tranquilidade, calma e non vos preocupedes. En caso de que non deades con eles (non pasa nada) a volta das vacacións douvos outros títulos.
Un Papá noël (que non descansa nin en vacacións) tamén me comentou cousiñas como que:
.1 O Corte Inglés non traballa coa editorial OCO.
.2 A casa do libro está en Dolce Vita, e este Papá xa deixou alí a lista de libros, para que os pediran. Dentro duns días é moi probable que xa os teñan á venta.
GRACIAS PAPÁ POLA TÚA EFICIENCIA.
FELICES FESTAS A TODOS E SOBRE TODO AOS MÁIS PEQUECHOS.
A VINDEIRA SEMANA COLGAREMOS COUSIÑAS NO BLOG.
BIIIIIICOS.

lunes, 19 de diciembre de 2011

MARTIÑO E TIAGO CUMPREN ANOS.

Hoxe na clase, celebramos o cumpreanos de MARTIÑO e o seu irmán ,TIAGO, celebrouno na súa aula e cos seus compañeiros.Para facer a foto invitamos a Tiago a nosa clase.Gracias por celebrar este día con nós, e a súa mami e papi polo biscoito que estaba boiiiiiisimo.
FOTOS.


BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

sábado, 17 de diciembre de 2011

PORTADA DOS TRABALLOS.

Neste trimestre que está a piques de rematar, ademáis de coñecernos entre nós ,a nosa clase e a nosa profe , tamén fixemos outras cousiñas que imos levar a casa e que esperamos que as vexades con nós e que as valoredes MOITO , xa que son os nosos primeiros TRABALLOS. Para que estes traballiños foran ordenados fixemos unha portada que nos quedou moi chuli.
1. Estampamos con esponxa e pintura branca e azul unha cartolina.
2. Picamos dúas arbores de nadal e pegámolas na cartolina.
3. Adornamos as árbores con gomets, o ceo con estrelas e tamén puxemos unhas nubes con algodón e neve.
E ASÍ FOI COMO NOS QUEDOU.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

PAPÁ NÖEL.

Unha das cousas que fixemos durante a semana foi un PAPÁ NÓEL.
1. Picamos o gorro e pegámolo unha cartolina.
2. Coa xema do dedo ,fixémoslle un pompón ó gorro.
3. Pintamos a palma da man de branco e estampámola na cartolina, debaixo do gorro.
4. Puxémoslle os ollos, a boca con rotulador, o nariz e os coloretes con pintura de dedo vermella.
E ASÍ FOI COMO NOS QUEDOU.
NOTA , a montaxe está feita cun novo programa e as imaxes non van ordenadas así que... PERDÓN, pero os nenos e nenas sí que os vedes eeeee COMO DISFRUTARON CON ESTE TRABALLO.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

viernes, 16 de diciembre de 2011

QUÉ FIXEMOS NESTA SEMANA?

Pois moitas cousas, como é habitual en nós.
- No recanto da biblioteca ,seguimos traballando o nome.
- Na plástica fixemos a bota dos desexos.
- Xogamos a adiviñar a letra que nos amosaba a profe , se acertamos poñemos un gomet e ao final contamos cantos temos e poñemos o nº (coa axuda da profe).
- Puxemos o noso nome nos traballos de plástica.
- Fixemos un PAPA NOËL , coa nosa man (outro día veredes a súa elaboración)
- Traballamos o conto EL POLLO PEPE (ainda nos queda moito por facer)
- Rematamos a portada dos traballos.( xa vos amosaremos como a fixemos)
- Reciclamos actimeles e convertémolos en maracas.
- E fixemos a carta aos Reis Magos.
TRABALLAMOS SI OU SI ??????

FOTOS.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

viernes, 9 de diciembre de 2011

XA CHEGA O NADAL.

Si ,si xa falta pouco para que chegue ,pero nós, seguimos traballando nas nosas cousiñas.
- Os encargados coas novas rutinas.
- No recanto da biblioteca asociando imaxes, na plástica xogando coa plastilina.
- Fixemos campás e bolas que adornan o corredor , un gorro con ceras blandas, lá e plastilina.
- Comezamos a decorar a bota de Papa Noël e estamos a facer un, coas nosas mans ( cando estean rematados xa os veredes).
- Tamén tivemos cumpreanos e concerto de trompeta.
- Presentamos algunhas postais ao concurso eeeeee, parécenos que tivemos sorte.
- E hoxe tivemos a visita duns futuros mestres que nos amosaron xogos musicais e pasámolo moi ben.Dende aquí moitas gracias.




BICOS COCES AQUÍ E ALÁ.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

CONCERTO DE TROMPETA.

O luns, despois do recreo os nenos/as de infantil ,tivemos a sorte de poder asistir a un concerto.O papá dun neno do cole, toca a trompeta na BANDA DA CORUÑA,e moi amablemente ofreceuse para vir tocar ao cole .Pasámolo moi ben e gustounos moito.Dende aquí MOITIIIIISIMAS GRACIAS.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

A NOSA ÁBORE DE NADAL.

Por fin , despois de moito traballar xa rematamos a árbore que adorna o noso corredor.Supoñemos que queredes velo.

A OBRA.

E AGORA OS ARTISTAS




BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

MÁIS CUMPRES.

Así é ,levamos unhas semanas que case sempre toca celebrar algún cumpre.Hoxe tocoulle a SARA, que xa é maior, xa ten 3 aniños , e quixo celebralo cos amigos do cole.Ademáis os seus papis trouxéronnos un biscoito que estaba boiiiiiiiiiiisimo.



BICOS OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

viernes, 2 de diciembre de 2011

NOVAS TAREFAS PARA OS ENCARGADOS.

Así é, o encargado ten novas tarefas, formar o seu nome cunhas letras que fixo a profe, e despois escribilo na pizarra grande.
- Seguimos traballando o noso nome , e no recanto da biblioteca construímolo, buscando e pegando as letras que o forman.
- Na plástica troquelamos unha campá e unha bola.
- Fixemos a portada do cadernillo do outono, as postais de Nadal para o concurso, unha campá que agora adorna o noso corredor e que nos deu moitiiiiisimo traballo ( pintar, picar, poñer plasti, pegar papel e as nosas fotos)
- Celebramos o cumpre de Rober.
- Traballamos na nosa árbore de Nadal.
- Xogamos a adiviñar a letra que a profe nos amosaba e aos que acertaban dábanos un gomet para pegar na libreta que temos.
- E moitas cousas máis que agora, ides ver.



BICOS DOCES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.