sábado, 25 de mayo de 2013

Facémonos maiores.

Pouco a pouco o tempo vai pasando, e como dí o noso blog imos medrando e facéndonos maiores .Desta vez ,tocoulle a OBI  cumprir anos .Xa é todo un mociño de cinco aniños e quixo compartilo con nós ,convidándonos a un riquísimo biscoito.Moitas graciñas.







 Pero non só ,nós, imos medrando. Lembrades que a pasada semana fixemos unha plantación por equipos?.
Pois as nosas plantas xa empezaron a medrar, sobre todo as lentellas.

Vimos as raíces, o talo e as pequeniñas follas que van saindo. E como unha das cousas que necesitan as plantas para medrar é auga o venres tocou regar.

 Canto medraron?????

 Onde están as raíces?????

 Profe aquí están.¡¡¡¡¡¡¡¡



 Aquí tamén¡¡¡¡¡








 Regamos un pouquiño.










A saber como están o luns cando volvamos.

viernes, 17 de mayo de 2013

FEStIVAL DAS LEtRAS GAlegas

O xoves  ás 10 horas os nen@s de infantil fomos ó ximnasio a celebrar o día das Letras Galegas .


Ó longo da semana estivemos a traballar e a xogar con  Roberto Vidal Bolañoautor ó que se lle adica este ano  as Letras Galegas.


Fixemos na clase unha plantación por equipos , plantamos fabas e lentellas  (xa veremos como nos vai).



Despois plasmamos o traballo en papel.


Pero quizáis o que máis nos gustou da semana foi o tiro con arco , sí sí,   o tiro con arco.




E agora coma sempre ,sesión de video. A poñerse cómodos.




Vémonos o martes.

viernes, 10 de mayo de 2013

Biscoito de iogur.

Cando  Ainhoa celebrou o cumpre ,convidounos a un biscoito tan rico- rico- rico , que a profe pediulle a receita a súa  nai e hoxe fixémola na aula.

Hoxe tocounos taller de cociña e a receita foi  BISCOItO DE IOGUR.
Vimos os ingredientes,(probamos algúns deles)



 Escribímolos  primeiro no encerado e despois no folio.











A COCIÑAR





                                                       AO FORNO



                                            A RECOLLER



 Despois de cociñar hai que recoller e que rápido o fixemos,como se nota que xa van  sendo maiores.

Colaborando todos , aprendemos a compartir ata o traballo.








                                                          QUE RAPIDEZ




                                        MENUDAS BARRENDEIRAS





Mirade que pinta,¡¡¡¡¡¡¡¡¡ 'a verdade e que estaba boisiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiima.


 O longo da semana comezamos a traballar con Roberto Vidal Bolaño ( autor ao que se lle adica este ano as Letras Galegas).




Pintamos un cartón enorme de negro .....A saber para que é????????



E  traballamos na PDI a primavera.





E COMA SEMPRE A POÑERSE CÓMODOS QUE VEN O VIDEO.







viernes, 3 de mayo de 2013

Visita a Bonilla.

Comezamos a semana cunha visita á fábrica BONILLA e rematámola cuns bicos de Andy Warhol.

Na  fábrica vimos como é o proceso de elaboración dunha bolsa de patacas fritas ,desas que mercamos no super .O primeiro foi poñernos un mandilón (guapos) Vimos uns enormes sacos  de  patacas , como unha máquina as pela e as lava  , outra as pica e pasan por unha bañeira con auga e sal e despois.... a freir nunha enorme freidora .Unha vez fritas, se seleccionan según o tamaño e ás bolsas.
 Cando rematamos a visita pasamos a unha sala onde vimos un carro dos de antes, un xugo e unha guzzi e fixémonos fotos con eles.

E se a semana pasada foron as flores as que nos invadían,desta vez foron os bicos de Andy Warhol.
E levamos para casa uns graciosos esqueletos para xogar con eles e repasar o que sabemos (partes do corpo, cal é o cráneo, o femur....)

E  agora imos ver as fotos, que é o que nos gusta.VERDADE????????


BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.