sábado, 31 de marzo de 2012

CERRADO POR VACACIÓNS.

Despois dun longo trimestre de moito traballo ,chegaron as vacacións. Neste meses, traballamos novos contidos, novos xogos, plantamos fabas, rematamos os cadernillos de Miró e do Zampón e fixémonos máis autónomos. Ao longo da semana fomos levando tódolos nosos traballos a casiña para velos coa familia.
E agora imos ver como nos foi a semana:
- fixemos flores e macetas para o mural,
- xogamos a copiar palabras que temos na aula,
- traballamos as cores e formas de Miró,
- celebramos o cumple de Eva,
- aos que nos naceron as fabas levámolas para casa ( aos que non nos naceron temos que esperar.....)
- e sabedes unha cousa ? cando nos cae o actimel...  témolo que limpar.

CERRADO POR VACACIÓNS - diapositivas
Ainda que  estamos cerrados por vacacións, non deixedes de visitarnos,  temos cousas que contar.
BICOS E FELICES VACACIÓNS.                  

lunes, 26 de marzo de 2012

POESÍAS DO INVERNO.

Ao longo dos meses de inverno aprendemos algunhas poesías desta estación, que vos iremos amosando aos poucos.

Perdoade pola entrada de onte,que non podíades ver. Espero que agora sí  se vexan os videos destes cativos.

domingo, 25 de marzo de 2012

viernes, 23 de marzo de 2012

AUGA, PRIMAVERA E MÁIS COUSAS.

A verdade , é que a semana deu para moito:
- Fixemos varias portadas: -  para a revista do cole ( igual gaña unha das nosas jejeje), - para os traballos do 2º  trimestre, - e a do cadernillo da palabra do día.
- Estivemos a decorar un marca páxinas, fixemos flores para o mural do corredor.
- Comezamos a traballar co nº 3.
- Miramos como nos vai a plantación ,algunhas xa naceron.
- E estivemos de celebracións, o martes comezou a primavera e o xoves celebramos o día mundial da auga, falando dela e facendo unha pinga de auga (faremos unha entrada ).
E ainda nos quedou tempo para xogar , E A ALGÚNS PARA FACER DE INDIOS.....Queredes velo ?


jueves, 22 de marzo de 2012

XOGAMOS COA PRIMAVERA.

O martes comezou a primavera e nós , xogamos con ela. Pero.....coas letras da palabra primavera, vimos cal era a primeira letra, a última,  cantas tiña, se había algunha repetida e despois tivemos que ordenar as letras para formar a palabra PRIMAVERA.
Pero o máis divertido, foi cando...... a profe nos mandou coller unha letra   e tiñamos que colocarnos de forma que puxera PRIMAVERA.
Ademáis , Eva  descubriu que podía formar o seu nome.
E cambiamos as poesías do inverno polas da primavera. 
Sesión fotográfica....


martes, 20 de marzo de 2012

PARA OS PAPIS.....

O luns , na asamblea aproveitamos para falar dos papás, como se chaman , en que traballan..... 
Así temos : José, Miguel, Oscar, Alberto, William, Antonio, Ricardo, Victor, Santiago, Carlos, Mekim, Juan, César, Javi, Cándido, Ismael e temos un que se chama PADRE, quen será...?
Á pregunta : en que traballa papá? as respostas foron cando menos curiosas, xa que.... ou hai moitos amos de casa  ou os nenos non saben ..... en que traballa papá .
Así temos  papás que traballan:
- nun super, en Santiago, en Abegondo, nun bar, nunha zapatería de zapatos (non ía ser doutra cousa),  nun comercio, en ximnasia.
Pero as respostas máis repetidas e con diferencia foron : - en su casa , - en el trabajo.
E agora algunhas fotos traballando  nas postais que vos fixeron con moito cariño e ilusión.





Con que ganas traballan ¡

 FELICIDADESsssssss


                   PAPÁS ¡¡¡¡¡¡¡





Canta ilusión ¡¡¡

domingo, 18 de marzo de 2012

COUSIÑAS DA SEMANA.

Supoñemos que queredes que vos contemos as cousiñas que fixemos ao longo da semana, pois....adiante
- Na plástica , decoramos unha pera con diferentes técnicas, pegando anaquiños de papel e con pintura de dedo.
- Na biblioteca , clasificamos  os nomes das personaxes do Zampón en curtos e longos.
- Na palabra do día , escribimos o nome  das froitas coas que fixemos a macedonia , poñendo cal é a primeira letra da palabra, a última e contando as letras que ten (moito traballo).
- Fixemos a portada para o caderniño  das froitas (faremos unha entrada ).
- Pintamos coas cores que usaba Miró , traballamos co xornal e tamén tivemos  tempo para xogar,(somos moi aplicadiños).
BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.
 

jueves, 15 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA.




Hoxe no cole traballamos co xornal . Vimos o seu nome, os titulares, as fotos.
Despois buscamos e rodeamos as letras do noso nome, para rematar facendo anaquiños coas follas e pegándoas nunha árbore.
Queredes ver como traballamos?




martes, 13 de marzo de 2012

GOMEAMOS A MIRÓ.

Hai uns días que rematamos o autorretrato de Miró. Desta vez,  fixémolo con gomets e pintura de dedos e quedounos bastante ben. Queredes ver as nosas obras?.
Pois .....sesión de cine.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ

domingo, 11 de marzo de 2012

CANDO SAEN ?

Ésta foi a pregunta máis repetida ao longo da semana pasada. 
Como xa sabedes o luns, plantamos as fabas. Vimos como eran , que cor tiñan, se había moitas ou poucas (case temos para facer o caldo, pero... xa as iremos usando) .
Descubrimos que o algodón é moi suave, que hai vasos de plástico
.
Pero o que querían saber  era.... profe cando nacen?





ESPEREMOS QUE MEDREN.

sábado, 10 de marzo de 2012

A NOSA MACEDONIA.

O xoves foi un día moi especial, fixemos unha macedonia cos compañeiros de tres anos B.
Primeiro, na nosa clase presentamos as froitas,laranxas, mazás, peras, kiwis e fresas. Miramos como eran, grandes , pequenas , de que cores eran e xogamos as tendas, uns facíamos de tendeiros e outros facían de papá , mamá e os fillos e pasámolo moi ben.
Logo viñeron a nosa clase os compis  de B  e xogamos con eles a contar as froitas ,mentras a profe Sandra preparaba o comedor.
Queredes ver  como o pasamos ? Pois...... poñédevos cómodos que dura un  pouquiño.






COMO NOS FOI A SEMANA

 Pois foi unha semana chea de emocións, de sorrisos e de moito traballo, mirade todo o que fixemos.
 - Visitamos a exposición de Rosalía de Castro que está exposta nos corredores do cole.
 - Decoramos froitas.
 - Escribimos os nomes das personaxes do ZAMPÓN.
 - Seguimos traballando con MIRÓ.
 - Falamos da muller traballadora.
 - E ademáis xogamos a tendas, fixemos macedonia e plantamos fabas ,que veremos despois.
Foi unha semana moi completa.E agora...... a vernos traballar.



martes, 6 de marzo de 2012

NOVOS XOGOS.

A semana pasada, a profe amosounos  xogos novos de letras, números , figuras xeométricas e tamén uns que tiñan as nosas fotos e os nosos nomes. O que tiñamos que facer era completar o panel.
 Ímosvos explicar como é o xogo.
 Atentos...

 Estos son de figuras.
 Están plastificados e teñen anaquiños de velcro para que peguemos debaixo, figuras iguais que collemos da caixa.





Neste panel  temos que buscar  e pegar os nº que temos no panel .







Aquí facemos o mesmo pero con letras.













 Aquí están as nosas fotos , temos que asociar a foto co nome.













 Aquí é ao revés,  lemos o nome e temos que buscar a foto correspondente.


















Queredes ver como xogamos , pois........ sesión de fotos.....







NOVOS XOGOS - foto montaje

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

viernes, 2 de marzo de 2012

NOVAS DA SEMANA.

A pasada semana ( co pequena que foi ) tiñamos poucas cousas que contarvos, pero ésta, que para nós xa rematou, hai moitas novas e imos alá con elas:
-  Fixemos a portada do libro do nome cos cuños que nos trouxeran os Reis Magos. 
- No recanto da biblioteca tiñamos que decir e escribir quen estaba na foto (faremos unha entrada con toda a actividade). No da plástica fixemos o autorretrato de Miró con gomets e pintura de dedo ( tamén o estamos a facer con plastilina ) 
- Seguimos traballando co conto do Zampón e co cadernillo de Miró.
- Fixemos o nº 2 en diferentes fichas.
-  Vimos algúns monumentos doutros paises en fotos , que nos trouxo Obi, como o Coliseo de Roma.
-  Xogamos a buscar letras, números , figuras, os nosos nomes e as nosas fotos e poñelas nunhas fichas plastificadas que fixo a profe.
 - E saímos un día ao patio de primeiros para coller os balancíns e como a profe levaba a cámara sacounos fotos.