sábado, 29 de octubre de 2011

UNHA PANTASMA DE MEDOOOOOO.

Como xa vos dixemos , esta semana fixemos unha pantasma e agora imosvos explicar o proceso:
1- en cartolina negra pegamos a nosa foto,
2- despois pintamos a palma da man con pintura branca e estampámola na cartolina,
3- unha vez seca puxémoslles os ollos e e unha boca de medo,
4- e por último a profe recortouna, pegouna nun pau e púxolle un lazo e quedaron guayyyyyyyyyyy.

SEMANA DE CASTAÑAS.

Ao longo da semana estivemos a falar do outono , do magosto , das castañas, das cabazas e do samaín.E o venres como xa sabedes , fomos disfrazados ao cole e ademáis comemos castañas (non todos ,xa que a algúns non lles gustan e outros trouxeronnas sen pelar). Pero tamén fixemos outras cousas:
- Aumentamos as tarefas dos encargados, xa que teñen que debuxarse a sí mesmos.
- Fixemos unha careta en forma de cabaza.
- Unha pantasma en cartolina negra, pintando a nosa man de branco.
- Practicamos o sopro mediante xogos.
- No recanto da plástica troquelamos e pintamos un círculo.
- No da biblioteca tiñamos que buscar a primeira letra do noso nome e tentar de escribila.
- Decoramos o nº 1 e pintamos con pincel un paraugas.
- Javi trouxou a clase unha cabaza decorada cunha candea dentro.Apagamos as luces , baixamos as persianas e encendemos a candea, e parecía o SAMAÍNNNNNNNNNNN.
- E unha araña xigante quíxonos comer.




BICOS DOCES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.....

miércoles, 26 de octubre de 2011

CORRE CORRE CABACIÑA

Hoxe contamos o conto " CORRE CORRE CABACIÑA" ,e aqui tedes a canción do conto....




Tamén cantamos a canción de LA BRUJITA TAPITA que lles encanta....



Tamén estamos a facer unhas pantasmas que xa vos ensinaremos en próximas entregas...

BICOS DOCES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ

martes, 25 de octubre de 2011

CADRO DO OUTONO.

Hoxe por fin levamos para casa o cadro do outono ,que fixemos estes días.
Acordádesvos da castaña que adornamos con follas secas e plastilina e, que despois a profe deulle alkil para que brillara.Pois esa castaña pegámola no cadro que estampamos a semana pasada , (ao que a profe lle puxo un marco e un cordel para que o poidamos colgar onde queiramos) e quedou chuli, chuliiiiiiiiiiii , e senon mirade , mirade......




BICOS DOCES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

CANCIÓNS OTOÑAIS...

Durante esta semana estamos a traballar o magosto e o samaín , e practicamos cancións que o profe buscou en internet e son.....





sábado, 22 de octubre de 2011

POR UN ENSINO PÚBLICO.

PARA TODOS OS QUE FORMAN PARTE DO ENSINO PÚBLICO.

XA ESTAMOS TODOS.

Así é, o martes desta semana chegou da súa viaxe JOSE ANGEL, e xa estamos os 25, e estes somos nós , moi guapos pero un pouco pillabáns.....



-Ademáis de recibir ao noso compi , durante a semana fixemos moitas cousas:
- No recanto da plástica decoramos unha menina ,como as de Velázquez,
- Traballamos de diferentes formas o nº 1, co dedo máxico , co punzón, co pincel (destas non hai fotos porque a profe quedou sen batería na cámara), fixémolo con plastilina.
- Decoramos unha castaña, que despois formará parte dun cadernillo de froitos do outono que estamos a facer.
- Fixemos un cadro do outono, estampando con esponxa, e despois tivemos que limpar a mesa.
- Seguimos a repasar o noso nome e tentando de escribilo.
- Tivemos como encargados esta semana a: MARÍA, ROBERTO, MERCHE, AINOHOA E DAVID.Só queda Jose Angel por ser encargado e xa fomos todos.
- E ademáis houbo tempo de xogar , de bailar, de facer construccións e de pasalo ben , que de momento e do que se trata.


viernes, 14 de octubre de 2011

ALÁ VAI OUTRA SEMANA.

Os días van pasando e cada vez estamos máis afeitos a estar no cole, ainda ....que nos quedan moitiiiiisimas cousas por facer, por descubrir e aprender , pero pouco a pouco.
Agora ímosvos contar algo do que fixemos esta semana.
- Os nosos encargados foron EVA, ELOY, SARA e JAVIER.
- Coñecemos algo máis a CARLA BEIRAS, DANIEL e AIMI.
- Vimos a exposición de froitos do outono que hai no cole.
- Seguimos a facer a nosa árbore do outono.
- Repasamos o noso nome , 1º co dedo máxico e despois co lápiz.
- Pintamos o nº 1, e no nos quedou nada mal (xa case non nos saimos, bueno un pouquiño)
- Fixemos troquelado.
- Adornamos unha castaña con follas secas e plastilina ( e con ela imos facer máis cousas ...).

SUPOÑEMOS QUE QUEREDES VER TODO O QUE FIXEMOS , POIS ALÁ IMOS.......



NOTA. RECORDADE TRAER O ROLO DE PALEL E A FOTO DA FAMILIA.

BICOS DOCES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

sábado, 8 de octubre de 2011

QUE FIXEMOS NESTA SEMANA?....

Pois como sempre ,unha morea de cousas que vos imos a contar de seguido:
- Os nosos encargados desta semana foron:INÉS, IVÁN, IAGO, UXÍA E LUCAS.
- Pintamos con pintura de dedo.
- No recanto da plástica estivemos a pintar unhas setas , e despois puxémoslles unhas manchiñas no sombreiro con plastilina branca. Para qué serán......?.A saber.
- Comezamos a picar co punzón, bueno mellor dito fixemos de médicos cun peixiño que estaba maliño e tivémoslle que poñer inxecións nos graniños que tiña.
- Celebramos o cumple de Eloy.
- Fixemos cadros con follas e con gomets.
- Coñecemos algunhas familias da clase( ainda hai nen@s que non trouxeron a foto da familia).
- Comezamos a facer unha árbore para o mural, enrrugando papel , facendo unha boliña e pegandoa no debuxo que fixo a profe.


E AGORA FOTOSSSSSSSSSS.



BICOS DOCES PARA TODOS , OS DE AQUÍ E OS DE ACOLÁ.

jueves, 6 de octubre de 2011

XOGAMOS COA NATUREZA.

Hoxe fomos artistas e fixemos cadros con elementos naturais. Descubrimos que se poden facer un montón de cousas coas follas das árbores. Coas que levamos a clase, hoxe fixemos a figura humana, a folla era o corpo e despois puxémoslle a cara , os brazos e as pernas.E algunhas quedaron moi chulis.Queredes velas, pois ollos ben abertos...........




BICOS DOCES............

martes, 4 de octubre de 2011

SOPRAMOS CANDEAS.

Ainda que o seu cumpreanos foi en agosto, o noso compi ELOY, quixo celebralo hoxe cos amig@s do cole .E trouxonos unha tarta que fixo coa axuda da súa nai e que estaba riquisima.Os nenos e nenas comeron tanto biscoito que algúns xa non quixeron a súa merenda.MOITAS GRAZAS A ELOY E A SÚA NAI.



E CANTAMOS





NOTA :RECORDADE QUE MAÑÁ TEMOS QUE LEVAR AO COLE FOLLAS SECAS E ALGÚN FROITO DO OUTONO. PARA QUE SERAAAAAAAAAAAAAAAA