martes, 29 de noviembre de 2011

REMATAMOS A SETA.

Por fin , onte levamos para casa a seta. Fai moitos días que empezamos a facela, e tardamos tanto porque tiñamos que esperar que secara. Ímosvos contar como a fixemos, decir que a idea foi da profe SANDRA.
- Pintamos un rolo de papel do baño de cor marrón,
- Despois pintamos o sombreiro (é de cartón das froitas) de cor vermello, e cando secou puxémoslles as manchiñas brancas con pintura , coa xema do dedo.
- E finalmente, pegamos a nosa foto e a profe xuntou as dúas partes eeeeeeeee quedou chuliiiiiiiiiii.
FOTOS.




BICOS OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

ROBER XA É MAIOR.

Así é , o noso compi ROBER, cumpre hoxe 3 aniños e celebrouno cos seus amigos do cole.A súa mami fíxonos unha tarta que estaba riquísima e Rober , axodou a facela.E tamén nos trouxou gominolas de ositos.
MOITAS GRAZAS.

viernes, 25 de noviembre de 2011

XA IMOS MAIORES...

Así é, ao longo desta semana como xa sabedes celebramos os cumpres de SABELA e de DANIEL , que cumpriron tres aniños e xa son maiores.Ademáis de facerlles os seus libriños cos debuxos de todos, tamén fixemos cousas como:
- Os encargados seguen a debuxarse.
- No recanto da plástica estivemos decorando un portal.
- No da biblioteca fixemos xogos de relacionar o debuxo coa súa sombra,buscar e asociar imaxes,números.
- Estivemos picando unhas árbores para facer unha portada.
- Pintamos unha flor de Pascua ,coa que faremos unha árbore para o corredor.
- Seguimos a traballar o nº 1 e estamos rematando o cadernillo do outono.
- Ata o de agora a profe era quen repartía os libros, pero esta semana puxo enriba da mesa os libros dos nenos/as dese equipo e cada un de nós , tiña que coller o seu, mirando e buscando o noso nome e xa o imos recoñecendo , case todos.





BICOS DOCES OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

jueves, 24 de noviembre de 2011

CUMPRE DE DANIEL.

Hoxe celebramos o cumpre de Daniel , e o seu papi trouxonos un biscoito para merendar. E estaba boisimo.


BICOS OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

CUMPRE DE SABELA.

O martes celebramos o cumpre de SABELA , e a súa nai trouxonos un TREN.Sí, sí... un tren cargadiño de.... sugus, de pauciños de chocolate e de filipinos e o tren estaba nunhas vías de regaliz. Querémoslle dar moitas gracias a nai de SABELA por facer algo tan chuli.
Nós , cantámoslle a canción e fixémoslle un debuxo.
FOTOS...........


BICO PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

viernes, 18 de noviembre de 2011

AS NOSAS COUSAS.

Ola papis e mamis , unha semana máis estamos aquí para contarvos como nos foi a semana e para amosarvos algunhas das cousiñas que fixemos e para tranquilizarvos, cando entramos chorando , xa que cando nos sentamos na asamblea deixamos de lado os choros e a cantar, xa que a profe non quere bebés. COMEZAMOS.
- Os encargados seguen coas súas tarefas.
- Tivemos que buscar a inicial do noso nome e decorala como se fose un boneco, poñéndolle brazos , pernas e a nosa foto.
- Traballamos a cor amarela.
- Celebramos o cumpre de MARÍA.
- No recanto da plástica , buscamos a ficha co noso nome e enchémolo de gomets.
- Do caderniño do outono fixemos a pera, pegando anaquiños de papel charol e poñéndolle plasti nas follas.
- Seguimos facendo a seta.
- Traballamos o nº 1 de diferentes formas, repasámolo, pegámoslle papeis....
- E pegamos a nosa foto nunha libreta que nos fixo a profe eeeee que vai ser para xogar a coñecer as letras, pero será a vindeira semana.

SESIÓN DE FOTOS.................




CUMPLE MARÍA

- Os papis de MARÍA, trouxéronnos un biscoito que estaba riquisimo.MOITAS GARCIAS.
- Cantamos cumpreanos feliz , ela fixo a súa coroa e nos fixémoslle un libriño de debuxos que despois decorou.


BICOS DOCES PARA AQUÍ E PARA ALÁ.

viernes, 11 de noviembre de 2011

CADA VEZ CON MÁIS AUTONOMÍA.

Así é, cada día que pasa somos máis autónomos.Facemos as cousas con máis seguridade e axiña e contentos,por exemplo: colgamos as cazadoras e as mochilas, collemos as merendas, buscamos as fichas do libro,recollemos as cousas, nada, que nos organizamos un pouquiño mellor E A PROFE EMPEZA A ESTAR ALGO MÁIS CONTENTA
Nesta semana fixemos:
- os encargados seguen a debuxarse,
- seguimos xogando nos recantos,
- continuamos cos froitos do outono, esta vez tocoulle a mazá e as uvas,
- buscamos en catálogos cousas que podía haber na cociña e no baño e pegámolas nun mural, eeeeeeeeeee despois fixemos festa de papeis,
- cada vez repasamos mellor o noso nome e facemos fichas de grafomotricidade,
- contamos contos aos compis.
E estamos a facer unha seta que a ensinaremos cando estea rematada.
FOTOS.......




BICOS OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ...........

viernes, 4 de noviembre de 2011

NOVAS COUSAS PARA OS RECANTOS.

Ainda que a semana foi algo pequena, nos seguimos a traballar.
- Os encargados seguen a debuxarse.
- No recanto da biblioteca , tiñamos que coller o noso nome , buscar as letras que o forman e poñelas na pizarra.
- No da plástica , había que buscar a 1ª letra do noso nome e facela con plastilina.
- Traballamos o círculo con plastilina.
- Coñecemos un pouco máis a EVA, ELOY e JOSE ANGEL.
- Puxémonos o gorro dos contos , para contarlles contos aos compis.
- Xogamos a facer colares.
- Os encargados de equipos seguen coas súas funcións.
- E tamén houbo tempo para bailar, facer fichas e xogar.
DE SEGUIDO FOTOS.



BICOS DOCES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

ESTRADA DE CASTAÑAS.

En días pasados estivemos xogando coas castañas e noces que levamos á clase fai uns días.Fixemos camiños, carreiros e estradas , traballando os conceptos longo e curto. Ao mesmo tempo, na asamblea tamen fomos decindo se os nosos nomes son curtos ou longos.