sábado, 28 de abril de 2012

MÁIS ,DAS NOSAS COUSAS.

Supoñemos que queredes que vos contemos como nos foi a semana, pois imos aló. Foi unha semana moi festeira, ademáis de celebrar os cumpreanos de  AINHOA e UXÍA, o venres fomos ao teatro(dentro do cole) e vimos unha obra que nos gustou un montón.
- Comezamos a traballar cos números e a buscalos en diferentes sitios: matrículas de coches, teléfonos, a nosa idade...
- Pintamos xirasoles e paxaros.
- Fixemos a portada do LOBO FEROZ e saíunos moi, moi feroz.
- Seguimos a traballar no proxecto do mar e collemos as tixeiras para practicar o corte (coa axuda da profe Pilar)




BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

miércoles, 25 de abril de 2012

MÁIS CUMPLES.

Se onte celebrabamos o cumple de AINHOA,  hoxe tocoulle a nosa compi UXÍA,  que fixo 4 aniños e tamén quixo celebralo con nós. Convidounos a unha rica tarta e a uns caramelos.Moitas gracias e moitisimas felicidades.
                                          

martes, 24 de abril de 2012

CUMPLE DE AINHOA.

Hoxe celebramos o cumple da nosa compañeira AINHOA. Sabedes cantos cumpliu ? Pois catro aniños, xa é toda unha rapaciña. Convidounos a tarta e chuches. Díxonos que a tarta  levaba: leite, ovos, azucre , iogur e fariña, bátese e ao forno.E estaba BOIIIIISIMA.Moitas gracias e felicidades para as dúas AINHOA E ALDARA.







sábado, 21 de abril de 2012

SORPRESAS AO FINAL.

Así é , o venres tivemos algunhas sorpresas, pero  primeiro imos facer un resumo de como nos foi a semana.
- Os encargados seguen a desempeñar as novas funcións..
- Pintamos , picamos, fixemos equilibrio , xogamos coas vogais e
- levamos unha morea de cousas sobre o fondo mariño.
Pero sabedes o que descubrimos ...que no fondo do mar hai peixes que teñen o noso nome , eso sí , nun fondo mariño feito  por IVÁN  e a súa mami. En nome de todos os peixiños  e da estrela  de mar ( é a profe) GRACIAS , gustóunos  un montón.

Ademáis, o venres cando chegamos á clase  atopamos unha caixa e non sabíamos que era .Despois de moito pensar , abrimos a caixa e tiña unha chea de colares cunha nota. Nela decía que aqueles nenos/as que se porten ben e traballen,  levarán ese día o colar para amosalo na casa e  o devolverá ao día seguinte.

E agora imos velo todo.....



                                           

sábado, 14 de abril de 2012

CAMBIOS NA ASAMBLEA.

Como xa imos maiores, a profe cambiou o panel da flor  onde poñíamos o día que era e o tempo que facía e puxo unhas cartolinas de cores plastificadas. Nelas o encargado  cun rotulador especial ten que escribir :
- o día da semana e  o do mes, 
- o mes no que estamos,
- e debuxar o tempo que fai.
Ao rematar a clase, o encargado cunha toalliña ten que borrar  todo, para que quede limpo para o seguinte.
Outra novidade é que o encargado ademáis de buscar o seu nome no LIBRO DOS NOMES, ten que contar cantas letras ten , buscar o número e poñelo.
Ainda temos outra novidade  o XOGO DAS VOGAIS. Debaixo das cartolinas onde escribimos , a profe puxo outras,  coas vogais ( xa sabemos que hai maiúsculas  e minúsculas ) .O xogo consiste : a profe  ten unha caixa que ten tarxetas con debuxos,amósanos unha ,e temos que decir que é e  por que vogal comeza e poñer a tarxeta debaixo da vogal pola que comeza. Por exemplo , amósanos unha tarxeta na que aparecen uvas , temos que decir que son uuuuvas , que empezan pola  U  e colocar a tarxeta debaixo da U ( onde a profe puxo tiras de velcro).
Nesta semana tamén fixemos os traballiños para a revista do cole e axudounos a profe PILAR.
E xa empezamos a ter cousiñas para  o recanto do MAR: contos, fotos, peluches, puzles, cunchas, caracois , poesías que imos aprendelas e ata temos un cabaliño de mar que trouxo ROBERtO  disecado , guay, guayyy e  DANIEL  levou un mexilón e unha navalla cocida e algas.
QUEREDES VELO....



miércoles, 11 de abril de 2012

NOVO PROXECtO.

Unha vez rematado o proxecto de MIRÓ , imos comezar  outro  O FONDO DO MAR.
Hoxe cando voltamos do recreo había unha caixa na nosa clase.Eeee puxémonos a pensar que podía ser:
- unha caixa de zapatos (dixeron algúns ) ,
- un vestido....
- outros que era un agasallo ,pero ... para quen?
- miramos se facía ruido ,  se pesaba moito e despois de tanto pensar.... decidimos abrila.
Nela había unha morea de cousas: revistas, cunchas, caracolas, estrelas de mar, caracois ata había un barco e tamén  unha nota que nos animaba a traballar nun novo proxecto O FONDO DO MAR.
Como nos gustou a idea , escribimos a nota  ás familias para que nos axuden a buscar cousiñas sobre o tema e levalas ao cole. Nós xa estamos listos para empezar a traballar e esperamos que as familias o estean para axudarnos.
QUEREDES VER A CAIXA E AS SÚAS COUSAS....





martes, 10 de abril de 2012

CUMPREANOS DE AIMI.

Hoxe  na clase estivemos de  cumpreanos, foi o  da nosa compañeira AIMI. Fixo catro anos e quixo celebralo con nós. Como convite trouxonos un rico biscoito e nós como agasallo fixémoslle un debuxo,  cos que  a profe fixo un libriño.





domingo, 8 de abril de 2012

QUEN HAI NA FOtO ?

Unha das fichas que levamos no cadernillo do 2º trimestre, aparecía a foto da nosa familia. Nela tiñamos que poñer os nomes  dos membros da nosa familia. Supoñemos que xa sabedes cal é, pois agora ides ver como a fixemos.


CUMPLE DE EVA.

Ainda que con algo de  retraso, ides ver as fotos que sacamos o mércores 28, cando celebramos o cumpleanos da nosa compañeira EVA. Xa ten catro anos.
Moitas  FELICIDADES.


.

domingo, 1 de abril de 2012

SESIÓN DE VIDEOS.

Cando rematamos de traballar o conto  DEL POLLO PEPE, díxenlles aos nenos/as se querían contarnos o conto. Algúns dixeron  SISISISISISISISISI. Ben , pois imos ver como o fan.
Aclarar que non houbo ensaios previos .




CADA GOtA CONtA.

Ainda que con retraso,  contarémosvos que o pasado 22 de marzo , celebramos o día mundial da auga. Falamos sobre a importancia da auga,  que hai que coidala . Fixemos algunhas preguntas sobre ela e as súas respostas foron  inxeniosas. Imos con elas.
- De onde ven a auga? respostas: do río, do mar, do grifo( aclareilles que grifo en galego dise billa mais eles seguiron decindo grifo), das botellas, dos vasos.
- De que cor é ? respostas: a maioría dixo azul, e un dixo transparente.
- Que pasaría se non houbese auga? respostas : non poderiamos ducharnos, nin bañarnos, un moi inxenioso dixo que teriamos a roupa sucia , pero .....outro ainda máis inxenioso dixo que poderiamos ir a lavar ao río (como facían as nosas avoas, esto dixénllelo eu).
Un  contou que nunha ocasión a súa nai deixou o grifo aberto e inundouse a casa, o que aproveitamos para falar da necesidade de pechar ben os grifos e que non hai que malgastar a auga.
Vimos un video dunha gotiña viaxeira, escoitamos unha canción da auga e como remate fixemos unha pinga de auga.


VIDEO



 CANCIÓN

BICOS AQUÍ E ALÁ .Disfrutade das vacacións.