viernes, 3 de mayo de 2013

Visita a Bonilla.

Comezamos a semana cunha visita á fábrica BONILLA e rematámola cuns bicos de Andy Warhol.

Na  fábrica vimos como é o proceso de elaboración dunha bolsa de patacas fritas ,desas que mercamos no super .O primeiro foi poñernos un mandilón (guapos) Vimos uns enormes sacos  de  patacas , como unha máquina as pela e as lava  , outra as pica e pasan por unha bañeira con auga e sal e despois.... a freir nunha enorme freidora .Unha vez fritas, se seleccionan según o tamaño e ás bolsas.
 Cando rematamos a visita pasamos a unha sala onde vimos un carro dos de antes, un xugo e unha guzzi e fixémonos fotos con eles.

E se a semana pasada foron as flores as que nos invadían,desta vez foron os bicos de Andy Warhol.
E levamos para casa uns graciosos esqueletos para xogar con eles e repasar o que sabemos (partes do corpo, cal é o cráneo, o femur....)

E  agora imos ver as fotos, que é o que nos gusta.VERDADE????????


BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario