sábado, 25 de mayo de 2013

Facémonos maiores.

Pouco a pouco o tempo vai pasando, e como dí o noso blog imos medrando e facéndonos maiores .Desta vez ,tocoulle a OBI  cumprir anos .Xa é todo un mociño de cinco aniños e quixo compartilo con nós ,convidándonos a un riquísimo biscoito.Moitas graciñas.







 Pero non só ,nós, imos medrando. Lembrades que a pasada semana fixemos unha plantación por equipos?.
Pois as nosas plantas xa empezaron a medrar, sobre todo as lentellas.

Vimos as raíces, o talo e as pequeniñas follas que van saindo. E como unha das cousas que necesitan as plantas para medrar é auga o venres tocou regar.

 Canto medraron?????

 Onde están as raíces?????

 Profe aquí están.¡¡¡¡¡¡¡¡



 Aquí tamén¡¡¡¡¡








 Regamos un pouquiño.










A saber como están o luns cando volvamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario