sábado, 16 de marzo de 2013

COELLIÑOS DE PASCUA ( por duplicado)

Sí, sí , como oides  esta semana fixemos coelliños de Pascua , eeeeeeeeee   ademáis de dúas formas diferentes.

_ O primeiro, foi para facer a portada dos traballiños do segundo trimestre. Picamos o coello , as flores e pegamos todo   nunha cartolina , despois puxémoslle ollos ,boca e nariz con plastilina , pegamos a etiqueta co noso nome e para que quedase máis chuli a profe deulle alkil.






_  Estamos a facer outro con pasta de modelar ( ainda nos quedan algúns pasos para rematalo). Primeiro unha boliña e aplastámola coa man , despois puxemos  un vaso para darlle forma ,deixamos secar e pintamos ,colocamos orellas de papel picadas, ollos móviles e bigotes de lá e  para que brille  un pouco de laca e listo.




                                                                     
                                                      



Ademáis xogamos a buscar o latido do corazón ( como se fósemos médicos de verdade) e vimos ósos que nos trouxo SABELA.








Comezamos a traballar un novo conto UNHA PARELLA DIFERENtE . Investigamos canto poden medir  os protagonistas ,(unha xirafa e un cocodrilo) e tentamos de representar as medidas.







Levamos para casa as carpetas de arte ,coas obras que fixemos de Luis Seoane ( as carpetas hai que levalas de volta ao cole)




E agora a poñerse cómodos que hai sesión de video.






BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario