viernes, 23 de noviembre de 2012

SEMANA DE CELEBRACIÓNS.


Vaia semaniña, celebramos o cumpreanos de SABELA que nos convidou a un riquísimo biscoito ,que fixo a súa avoa.  Moitas GRACIÑAS.




Celebramos o DÍA DO NENO,  facendo unha postal que preparou a profe SANDRA. 




 O mesmo  día visitounos a  DRAGONA RAMONA  que nos agasallou cun conto.





 E ademáis o mesmo  día ,a MAMÁ de CARLA 
Estraviz convidounos a unhas ricas magdalenas.Estaban boisimas. Millóns de GRACIAS.

QUE BEN CELEBRAMOS O DÍA DO NENO¡¡¡¡¡¡¡¡¡



 OLLO¡¡¡¡ non todo foron celebracións :        
- Comezamos o conto  A CASA DA MOSCA CHOSCA e o seu cadernillo.
- Fixemos a portada do cadernillo da escola  , recortando unha morea de figuras :triángulos, rectángulos..
Esta semana levamos os das matrículas ( foi o 1º que fixemos , e nótase  jejejeje), despois fixemos o da escola que o levaremos a vindeira semana, despois o  de COCORICO e o do Gato Guille (que xa están mellor)
- Estamos a piques de rematar o do OUtONO.
- Pintamos unha lámina de cor laranxa ,para...... a saber
- Comezamos unha obra de LUIS SEOANE, A FIGURA  ROSA, ( amosarémola cando estea rematada, jejejejej)
- E hoxe como sabedes foi día de cociña , fixemos o nº 4  e despois escribimos a receita, pero esto, verémolo noutra entrada.

E AGORA UNHA MOREA DE  IMAXES.












No hay comentarios:

Publicar un comentario