viernes, 30 de noviembre de 2012

MACEDONIA DE OUtONO.

Ese foi o noso remate da semana , facer e degustar ( uns máis e outros menos ) a macedonia de outono. Vimos os ingredientes , dixemos os seus nomes, mesturámolos, e a probar.

Pero a semana deu para moito máis:
- Celebramos os cumpres de DANIEL  e ROBERtO, que trouxeron unha larpeira e unha tarta ben ricas.GRACIAS.


- Seguimos a traballar no cadernillo da MOSCA CHOSCA, recortando , picando , facendo puzles, e cruzadas como os maiores ( ainda que con algunha axuda).


- Conecemos a flor MARIBEL que canta lelelelelel e a letra e.
- Rematamos dúas obras de Seoane , que xa adornan o noso corredor.
- Fomos ao CGAI  a ver uns contos moi chulis.
- E algúns xa comezamos a facer a postal de NADAL.
Levamos para casa o cadernillo da escola, unha postal para decorar en familia  e ademáis un de nós leva  o  xogo da mosca chosca , que consiste en xuntar o nome do animal co debuxo .O resto , iremolo levando en vindeiros días.
Como xa é habitual unhas fotiños.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario