viernes, 9 de noviembre de 2012

Esta semana foi completa e deunos tempo para facer moitas cousiñas e rematar outras ,que tiñamos pendentes.
- Fixemos a portada do conto COCORICO, recortando círculos e triángulos cos que fixemos ó Gato pelado e a Cocorico, puxémoslle patas , picos orellas e ata rabo , e quedounos ben chuli.  Xa  veredes.
- Coñecemos a flor Mª Paz ,  repasamos e pintamos  a vogal    a .
- Seguimos coñecendo máis cousas de Luis Seoane , e a nosa compi NEREA troúxonos unha caixa forrada con láminas de Seoane e unha morea de fotos da Fundación Luis Seoane  e dos seus cadros.(Moitas gracias ,con familias tan colaboradoras é  doado traballar).
- O Samain xa rematou , pero nós seguimos a traballar co conto do Gato Guille e os seus medos
- Rematamos  un cadro do Outono  pegando follas , votándolle alkil e purpurina e non vexades como brillaban.
_  E   ainda tivemos tempo para xogar a PDI  coas vogais.

Como vedes, seguimos moi aplicadiños  e agora  a supoñemos que queredes vernos en ACCIÓN ,pois  imos alá.




COCORICO - foto montaje


AVISOS:
- Esta fin de semana temos Museos de portas abertas.
- Mañá sábado é a presentación do disco de Pirimpalo, no centro Cívico dos Mallos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario