sábado, 22 de octubre de 2011

XA ESTAMOS TODOS.

Así é, o martes desta semana chegou da súa viaxe JOSE ANGEL, e xa estamos os 25, e estes somos nós , moi guapos pero un pouco pillabáns.....



-Ademáis de recibir ao noso compi , durante a semana fixemos moitas cousas:
- No recanto da plástica decoramos unha menina ,como as de Velázquez,
- Traballamos de diferentes formas o nº 1, co dedo máxico , co punzón, co pincel (destas non hai fotos porque a profe quedou sen batería na cámara), fixémolo con plastilina.
- Decoramos unha castaña, que despois formará parte dun cadernillo de froitos do outono que estamos a facer.
- Fixemos un cadro do outono, estampando con esponxa, e despois tivemos que limpar a mesa.
- Seguimos a repasar o noso nome e tentando de escribilo.
- Tivemos como encargados esta semana a: MARÍA, ROBERTO, MERCHE, AINOHOA E DAVID.Só queda Jose Angel por ser encargado e xa fomos todos.
- E ademáis houbo tempo de xogar , de bailar, de facer construccións e de pasalo ben , que de momento e do que se trata.


No hay comentarios:

Publicar un comentario