sábado, 29 de octubre de 2011

SEMANA DE CASTAÑAS.

Ao longo da semana estivemos a falar do outono , do magosto , das castañas, das cabazas e do samaín.E o venres como xa sabedes , fomos disfrazados ao cole e ademáis comemos castañas (non todos ,xa que a algúns non lles gustan e outros trouxeronnas sen pelar). Pero tamén fixemos outras cousas:
- Aumentamos as tarefas dos encargados, xa que teñen que debuxarse a sí mesmos.
- Fixemos unha careta en forma de cabaza.
- Unha pantasma en cartolina negra, pintando a nosa man de branco.
- Practicamos o sopro mediante xogos.
- No recanto da plástica troquelamos e pintamos un círculo.
- No da biblioteca tiñamos que buscar a primeira letra do noso nome e tentar de escribila.
- Decoramos o nº 1 e pintamos con pincel un paraugas.
- Javi trouxou a clase unha cabaza decorada cunha candea dentro.Apagamos as luces , baixamos as persianas e encendemos a candea, e parecía o SAMAÍNNNNNNNNNNN.
- E unha araña xigante quíxonos comer.




BICOS DOCES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario