sábado, 8 de octubre de 2011

QUE FIXEMOS NESTA SEMANA?....

Pois como sempre ,unha morea de cousas que vos imos a contar de seguido:
- Os nosos encargados desta semana foron:INÉS, IVÁN, IAGO, UXÍA E LUCAS.
- Pintamos con pintura de dedo.
- No recanto da plástica estivemos a pintar unhas setas , e despois puxémoslles unhas manchiñas no sombreiro con plastilina branca. Para qué serán......?.A saber.
- Comezamos a picar co punzón, bueno mellor dito fixemos de médicos cun peixiño que estaba maliño e tivémoslle que poñer inxecións nos graniños que tiña.
- Celebramos o cumple de Eloy.
- Fixemos cadros con follas e con gomets.
- Coñecemos algunhas familias da clase( ainda hai nen@s que non trouxeron a foto da familia).
- Comezamos a facer unha árbore para o mural, enrrugando papel , facendo unha boliña e pegandoa no debuxo que fixo a profe.


E AGORA FOTOSSSSSSSSSS.



BICOS DOCES PARA TODOS , OS DE AQUÍ E OS DE ACOLÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario