Pouco a pouco o tempo vai pasando, e como dí o noso blog imos medrando e facéndonos maiores .Desta vez ,tocoulle a OBI cumprir anos .Xa é todo un mociño de cinco aniños e quixo compartilo con nós ,convidándonos a un riquísimo biscoito.Moitas graciñas.
![]() |
Pois as nosas plantas xa empezaron a medrar, sobre todo as lentellas.
Vimos as raíces, o talo e as pequeniñas follas que van saindo. E como unha das cousas que necesitan as plantas para medrar é auga o venres tocou regar.
A saber como están o luns cando volvamos.