jueves, 17 de mayo de 2012

VIVAMOS O GALEGO.

Hoxe estamos de festa, celebramos o Día Das Letras Galegas . Nós, os pequechos de 3 anos A, levamos varios días traballando cousiñas das nosas como sempre, e valorando  e dándolle importancia o NOSO.
- Seguimos facendo o decorado.
- Xogamos coas letras a poñer palabras, fixemos as vogais con plastilina.
- Celebramos o cumple de Jose Angel.
- E como sabedes levamos  O GALOPIN  para casa , pero antes xogamos coa revista. Buscamos o título , dixemos as súas letras, contámolas, dixemos as vogais que ten , traballamos a portada e a contraportada decindo e buscando cousas. E  despois  buscamos os nosos traballiños na revista.
- E finalmente fomos de festa coas Letras Galegas.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ. OS QUE IDES DE MINIVACACIÓNS A PASALO BEN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario