sábado, 26 de mayo de 2012

ENSAIOS PREVIOS.

Así é , ademáis de decorar peixes, rasgar papeis,  traballar a palabra SARDINA e a vogal I,  mirar de cando en vez o material que temos no recanto do fondo mariño, andamos a voltas cos ensaios   Do LOBO FEROZ. Xa case,  sabemos todos a nosa frase e temos feitos os debuxos dos personaxes, agora toca escoller os mellores e ensaiar     no decorado ( xa vos iremos amosando os nosos avances). 
E o venres celebramos o cumpreanos do noso compi OBI, que nos convidou a unha rica tarta, mirade se estaba boa que..... non quedaron nin as migas.
E con tanta calor protexémonos con visera e gafas de sol, as cales nos amosan o mundo de cores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario