sábado, 21 de enero de 2012

COÑECENDO A MIRÓ.

Como xa sabedes estamos coñecendo cousas de Miró.
Esta semana a profe troúxonos varias láminas del, miramos o título, as cores que tiñan e as formas que aparecían en cada unha delas. Despois, votamos cales nos gustaban máis (para facelas nunha caixa,) fomos poñendo paliños debaixo de cada unha delas, contamos cantos tiña cada unha e puxemos o nº, a que máis votos tivo foi A Bailarina.
Ademáis algúns compañeiros xa comezaron a traer cousiñas de Miró:
- Obi, troúxonos un libro, Martiño un cadro dunha lámina de Miró e Iván un conto para nenos sobre a vida deste autor.
E comezamos a decorar a NOSA caixa de Miró.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario