sábado, 14 de enero de 2012

AVISOS IMPORTANTES.

1- Parece ser que algúns reis tiveron problemas para atopar o conto que tiñan que deixar baixo a árbore. Pois non pasa nada, imos agardar o mes de xaneiro por se se atopa, de non ser así ,a aqueles que non trouxeron o conto dareilles un novo título .
- A mamá de Inés, comunicoume que na LIBRERÍA SISARGAS, c/ Curros Enriquez, 9 ,
Tf: 981200082, teñen bastantes libros da editorial OCO. Podedes chamar e preguntar.

2- Neste trimestre hai unha lámina de Joan Miró no método. Imos aproveitar a ocasión para falar e traballar un pouquiño sobre este artista e, para eso preciso da colaboración das familias: aportando información ,láminas ou debuxos sobre él. É importante que o neno/a axude na búsqueda de datos.
Non serve imprimir unha morea de follas de internet e , que o neno/a non entenda nada.
Precisamos datos sinxelos, onde naceu, cando, alguhna lámina impresa co título....
Non hai presa por traer a información ,temos todo o mes de xaneiro.

BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario