viernes, 25 de noviembre de 2011

XA IMOS MAIORES...

Así é, ao longo desta semana como xa sabedes celebramos os cumpres de SABELA e de DANIEL , que cumpriron tres aniños e xa son maiores.Ademáis de facerlles os seus libriños cos debuxos de todos, tamén fixemos cousas como:
- Os encargados seguen a debuxarse.
- No recanto da plástica estivemos decorando un portal.
- No da biblioteca fixemos xogos de relacionar o debuxo coa súa sombra,buscar e asociar imaxes,números.
- Estivemos picando unhas árbores para facer unha portada.
- Pintamos unha flor de Pascua ,coa que faremos unha árbore para o corredor.
- Seguimos a traballar o nº 1 e estamos rematando o cadernillo do outono.
- Ata o de agora a profe era quen repartía os libros, pero esta semana puxo enriba da mesa os libros dos nenos/as dese equipo e cada un de nós , tiña que coller o seu, mirando e buscando o noso nome e xa o imos recoñecendo , case todos.





BICOS DOCES OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario