viernes, 18 de noviembre de 2011

AS NOSAS COUSAS.

Ola papis e mamis , unha semana máis estamos aquí para contarvos como nos foi a semana e para amosarvos algunhas das cousiñas que fixemos e para tranquilizarvos, cando entramos chorando , xa que cando nos sentamos na asamblea deixamos de lado os choros e a cantar, xa que a profe non quere bebés. COMEZAMOS.
- Os encargados seguen coas súas tarefas.
- Tivemos que buscar a inicial do noso nome e decorala como se fose un boneco, poñéndolle brazos , pernas e a nosa foto.
- Traballamos a cor amarela.
- Celebramos o cumpre de MARÍA.
- No recanto da plástica , buscamos a ficha co noso nome e enchémolo de gomets.
- Do caderniño do outono fixemos a pera, pegando anaquiños de papel charol e poñéndolle plasti nas follas.
- Seguimos facendo a seta.
- Traballamos o nº 1 de diferentes formas, repasámolo, pegámoslle papeis....
- E pegamos a nosa foto nunha libreta que nos fixo a profe eeeee que vai ser para xogar a coñecer as letras, pero será a vindeira semana.

SESIÓN DE FOTOS.................




CUMPLE MARÍA

- Os papis de MARÍA, trouxéronnos un biscoito que estaba riquisimo.MOITAS GARCIAS.
- Cantamos cumpreanos feliz , ela fixo a súa coroa e nos fixémoslle un libriño de debuxos que despois decorou.


BICOS DOCES PARA AQUÍ E PARA ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario