domingo, 9 de octubre de 2016

CHEGA O OUTONO

Aquí estamos  de novo para contarvos o que fixemos nestas dúas semanas así que.... alá imos.

- Na biblioteca xogamos a completar a serie numérica,


e a  sumar xeados.



- Na plástica decoramos unha árbore propia do outono , recortamos, recoñecemos palabras e pegámolas no sitio correspondente.






Tamén recortamos e montamos unhas curuxas, con cartulina, fieltro e plastilina. E quedaron así de chulis.





Coas follas que trouxemos da casa, decoramos de outono a porta da nosa clase e o mural do pasillo.
Moitas gracias pola vosa colaboración.

A profe levou a clase uns ramallos de castiñeiros e vimos como eran as follas, os ourizos e o que tiñan dentro. Despois fomos ao patio a abrilos ourizos e sacar as castañas.














E coas follas fixemos diferentes figuras.


Na asamblea comezamos a mirar o tempo que temos cada día, e despois recollémolo nunha gráfica




Como vedes seguimos a traballar duro.
Bicos doces aquí, alá e acolá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario