viernes, 22 de febrero de 2013

Que fixemos nesta semana????

Pois como é habitual en nós, unha morea de cousas que vos imos contar de seguido :
- Decoramos unha carpeta, para levar nela as obras de arte que traballamos.

- Fixemos a portada do inverno.

- Comezamos un novo cadernillo do conto "Unha parella diferente" (podedes preguntarlles sobre él).


-  Recollemos  os materiais que LEVAMOS, sobre o corpo e comezamos a traballar sobre él.


- Estamos a decorar o corredor con cometas  que teñen letras, tiñamos que levar ó cole , palabras que empezaran pola vogal do noso equipo, PERO....  a profe non nos deu nota e moitos de nós, non fixemos os deberes. Esta actividade ímola facer na clase, para o que precisamos  levar revistas, catálogos ,etc, para buscar e despois recotar as palabras e pegalas na cometa.


- E fomos de excursión á Fundación Barrié de la Maza e pasámolo xenial.



E agora  a poñerse cómodos ,coller palomitas e .......sesión de fotos.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario