Os comezos e a volta a rutina son un pouco duros, pero nós ímoslle poñer moitas ganas.Para comezar , tedes que saber que os Reis deixaron na nosa clase uns agasallos , uns cuños .
Cando o traballo estea moi moi moi ben feito a profe vainos poñer o cuño que elixamos na ficha. Así que xa sabedes, se vedes que algún traballo leva un cuño e que o fixemos requetebeeeeeeeeeeeeeeeeeen.
Outra novidade, é que o encargado, ao remate da clase tennos que contar o que fixemos e facer un exame, sí sí ,un exame ,ten que escribir no encerado o que lle diga a profe , e ata agora todos estamos aprobados e...... con nota.
Comezamos varios traballos , un cadernillo do inverno, o libro das letras e o conto ,Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis.
E para remate da semana celebramos o cumpre de Carla Estraviz que nos convidou a unha riquísima larpeira. Moitas gracias e moitas felicidades.

AVISO.
Na marxe dereita do blog, aparece un epígrafe , Enlaces Interesantes.Se picades nel , atoparedes xogos, letras e números para xogar e practicar . E tamén lle podedes dar de comer a nosa mascota.
BICOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario