martes, 2 de octubre de 2012

Con retraso , pero.... aquí estamos.

Que? xa pensábades que non estábamos pois erro, erro,erro.....Por   problemas loxísticos da profe, foi imposible facer a entrada antes , pero ...imos aló coas novas da semana.
- Xogamos coas letras da palabra    outono.
- No recanto da biblioteca fixemos o noso coche e puxémoslle a matrícula ( algúns non a levan posta , porque non a trouxeron , o curso pasado).
- Seguimos traballando no cadernillo da escola,  nunhas follas que tiñan números, puxemos os nomes dos compañeiros e despois xogamos con eles, a profe decía un número  e nós, tiñamos que buscar ese número e decir cal era o nome do compañeiro que o tiña , (unha forma diferente de traballar os nº e a lecto-escritura).
- Empezamos a traballar coa pizarra dixital.
- Pero o máis emocionante foi a chegada dun novo compañeiro a nosa clase ...
                 .    .O Pato  Renato.
 A  mascota da nosa clase,  que està  o tanto das cousas que facemos e  de como nos portamos .
 Poñedevos cómodos  que imos co vídeo.



BICOS DOCES AQUÍ E ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario