domingo, 19 de febrero de 2012

SEMANA DE MOITAS EMOCIÓNS.

Ademáis de celebrar o entroido e facer a revisión médica, seguimos facendo cousiñas na clase; e supoñemos que queredes que vos contemos algunhas delas , pois imos aló:
 - No recanto da plástica fixemos o  nome con plastilina, no da biblioteca buscamos nomes que empezaran igual que o noso.
 - Na palabra do día fixemos as personaxes do conto O LOBO FEROZ.
 - Fixemos caroutas para o entroido. 
 - Como os números aparecen en todos os sitios, non só na clase, xogamos a buscalos nos catálogos que trouxo a profe, desta vez tocounos buscar o nº 1.
 - Relacionamos nº-cantidade. 
 - Tivemos un exame .
 - Practicamos a escritura.
 Como podedes ver a pesar do entroido a profe fainos traballar duramente. E agora sesión de cine....... 


No hay comentarios:

Publicar un comentario