viernes, 2 de diciembre de 2011

NOVAS TAREFAS PARA OS ENCARGADOS.

Así é, o encargado ten novas tarefas, formar o seu nome cunhas letras que fixo a profe, e despois escribilo na pizarra grande.
- Seguimos traballando o noso nome , e no recanto da biblioteca construímolo, buscando e pegando as letras que o forman.
- Na plástica troquelamos unha campá e unha bola.
- Fixemos a portada do cadernillo do outono, as postais de Nadal para o concurso, unha campá que agora adorna o noso corredor e que nos deu moitiiiiisimo traballo ( pintar, picar, poñer plasti, pegar papel e as nosas fotos)
- Celebramos o cumpre de Rober.
- Traballamos na nosa árbore de Nadal.
- Xogamos a adiviñar a letra que a profe nos amosaba e aos que acertaban dábanos un gomet para pegar na libreta que temos.
- E moitas cousas máis que agora, ides ver.



BICOS DOCES PARA OS DE AQUÍ E OS DE ALÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario