viernes, 30 de septiembre de 2011

A CASA A DESCANSAR.

E témolo ben merecido, xa que foi unha semana de duro traballo na que fixemos moitas cousas.
- Nada máis chegar colgamos a cazadora e a mochila.
- Seguimos coas rutinas na asamblea.Os nosos encargados desta semana foron NEREA, MARTIÑO,CARLA ESTRAVIZ, ANDREA E FABIÁN.O seu traballo consiste en:- mirar que nen@s están na casa e cales no cole e contalos,- buscar o seu nome no libro,- facer o calendario, mirando que día de semana é , que tempo fai e buscar no calendario o día que é , rodealo e despois repasalo nun calendario que temos no que os números están con puntiños,- escribimos o seu nome na pizarra con xiz e despois busca o seu nome nas tarxetas azuis para poñelo na pizarra das letras magnéticas.Como vedes o encargado fai unha morea de cousas.
- Pintamos con pintura de dedos unha pelota e tamén estampamos con esponxas a nube LOLa.
- Fixemos traballo individual na nosa mesa.
- O luns tivemos psicomotricidade no ximnasio dos maiores.
- No recanto da plástica troquelamos a PAPELOTE.
- Pintamos follas para o mural do outono.
- Rasgamos papeliños e metémolos nunha papeleira.
E OBI AMOSOUNOS A SÚA FAMILIA E O SITIO ONDE NACEU.

E agora toca fotos.......




NOTA:- OS LUNS TEMOS PSICOMOTRICIDADE.
- RECORDADE POÑER O NOME DO NEN@ NA TIRA DA ROUPA.
- TEÑEN QUE TRAER UN MANTELIÑO CO NOME PARA A MERENDA E UN VASO PARA BEBER.
Bicos doces para todos

No hay comentarios:

Publicar un comentario